VIDA

Lectura homenaxe a Xela Arias nas Burgas

A contorna das Burgas acolleu un acto a prol das Letras Galegas e da importancia da nosa lingua organizada pola Asociación Cultural A Andrómena, responsable xunto con Orixe Comunicación da Revista Cultural Nós, a Xente do Redor. O acto tamén serviu para realizar unha homenaxe de lembranza ao finado José Paz. No acto interviron Marina Sánchez, presentadora e que leu algún dos seus textos adicados a Xela Arias; Miguel Ángel Martínez Coello, pintor e escritor que amosou os retratos de Xosé Paz e Tagore e un artigo sobre os mesmos; María González, poeta e vicepresidenta do Circulo Poético Ourensán; José Ramón Fernádez Morgade poeta e presidente do Circulo Poético quen leu algunha composición adicada a autora; Avelino Jácome, escritor e director da Revista Nós A Xente do Redor, que leu un texto inédito dedicado á poeta coa que tantas cousas compartiu.

mg_8718_resultado
1 / 6

Foto de familia de parte dos participantes no acto (MIGUEL ÁNGEL)

mg_8704_resultado
2 / 6

Rosendo Fernández e Avelino Jacome (MIGUEL ÁNGEL)

mg_8707_resultado
3 / 6

Miguel e Esteban. (MIGUEL ÁNGEL)

mg_8709_resultado
4 / 6

Marina e María. (MIGUEL ÁNGEL)

mg_8712_resultado
5 / 6

Josefa e César. (MIGUEL ÁNGEL)

mg_8733_resultado
6 / 6

Rosendo Fernández durante a súa intervención (MIGUEL ÁNGEL).