VIDA

Percorrido polos pobos de Ramirás

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron un ano máis Ramirás convidados pola Asociación Cultural Rebulir, e contando co apoio do Concello de Ramirás e o Servizo de Protección Civil. Durante unha xornada fixeron un percorrido  por diferentes lugares destas terras do Val do Tuño tentando así evitar aglomeracións e xuntanzas multidinarias. 

A comitiva estivo formada por diferentes vehículos antigos destinados a uso persoal de cada un dos reis e da súa corte, foron escoltados pola garda real que velou en todo momento pola seguridade das SS.MM., e, durante todo o percorrido tamén estiveron  acompañados polo servizo de Protección Civil. 

1
1 / 8

Os Reis Magos cos veciños e veciñas de Casardeita.

2
2 / 8

Os Reis cos nenos e nenas do Picouto.

3
3 / 8

Gaspar en Escudeiros.

4
4 / 8

Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás cos Reis Magos.

5
5 / 8

Escoitando as peticións de Xiana en Casardeita.

6
6 / 8

Os cativos recibindo o saúdo dos Magos de Oriente.

7
7 / 8

Os Reis cos veciños do Viso.

8
8 / 8

Os Reis cos veciños do Picouto.