VIDA

O Ribeiro homenaxe a cultura do viño

Como cada ano, a denominación de orixe Ribeiro vestiuse de gala  para celebrar a décima edición da súa gala anual de premios, un evento que recoñece a aqueles que traballan arreo durante os doce meses pola cultura do viño. Catro caldos da comarca, dous brancos e dous tintos, foron os galardoados coma os mellores deste ano. Tinalla e Prioriato de Razamonde alzáronse cos premios na categoría de tintos, mentres que Eduardo Peña e Ramón do Casar fixeron o propio nos viños brancos. 

A gala estivo amenizada pola música de Carolina Rubirosa, ó tempo que o artista Marcos Atípico se encargou de pintar un mural conmemorativo da gala mentres se sucedía a entrega dos agasallos de recoñecemento.

Entre o público, representantes de tódalas adegas da denominación de orixe aplaudiron ós galardoados desta edición na que, por coincidencia das datas, se rendeu tamén homenaxe a tódalas mulleres víctimas da violencia de xénero. Entre os asistentes estiveron o presidente do Consello Regulador, Juan Casares, e o conselleiro de Medio Rural, José González, entre outras autoridades do Ribeiro, provinciais e autonómicas.

Unha noite de gala para lembrar que o viño na denominación de orixe máis antiga de Galicia non é só un dos seus motores económicos, senón que é parte da súa cultura.

Os premiados

Mellor branco adegas: Ramón do Casar 2020

Mellor branco colleiteiros: Eduado Peña 2020

Mellor tinto adegas: Priorato de Razamonde 2019 

Mellor tinto colleiteiros: Tinalla 2020

Persoeiro de honra: Manuel Villanueva

Muller e viño: Almudena Alberca

Mellor comunicación: Campo Galego

Vida entre vides: Xulia Bande

Servizo en restaurante: A Taberna

Tenda especializada: La Vivariense

Bar de viños: Jaleo

O Ribeiro en Nós: Película Cuñados

Fotos: José Paz

vidar_281121_01
1 / 14

Os premiados subiron a recoller os seus galardóns.

vidar_281121_14
2 / 14

O artísta Marcos Atípico fixo un mural en vivo.

vidar_281121_13
3 / 14

O Auditorio acolleu a entrega de premios.

vidar_281121_12
4 / 14

Grupo de gañadores da décima edición.

vidar_281121_11
5 / 14

Os gañadores co conselleiro de Medio Rural, José González, e o presidente do Consello Regulador, Juan Casares.

vidar_281121_10
6 / 14

O presidente do Consello Regulador, Juan Casares.

vidar_281121_09
7 / 14

Xavier, Miguel, Juan e Ana.

vidar_281121_08
8 / 14

Amancio, Raúl, Concha e Javier.

vidar_281121_07
9 / 14

Alejandro e Alberto.

vidar_281121_06
10 / 14

Marta e Juan.

vidar_281121_05
11 / 14

Manolo e Pilar.

vidar_281121_04
12 / 14

Santiago e Emilio.

vidar_281121_03
13 / 14

Alejandra, José Ángel e Erica.

vidar_281121_02
14 / 14

María, Ilda e José.