VIDA

Rock and roll infantil no Samaín

Rock en galego para os máis pequenos da man de Gramola Gominola. Foi o xeito de darlle o pistoletazo de saída ó Samaín na cidade. Da man de Paco Cerdeira (Pakolas, Zendar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di Elas, Lacón con Grelos), ducias de familias ourensás acudiron ó Auditorio Municipal para gozar da música máis rompedora. Non pararon de saltar, bailar e divertirse durante todo o concerto; iso si, a maioría acudiron de incógnito convertidos en personaxes terroríficos. Foi unha tarde moi especial dentro dun día no que non faltaron os sustos, o medo e, sobre todo, a diversión.

Fotos: Óscar Pinal

s3.laregion.archivo.202110__3OP9732
1 / 7

Os membros de Gramola Gominola, nun momento da actuación.

s3.laregion.archivo.202111__3OP9682
2 / 7

Emocións antes de comezar o concerto.

s3.laregion.archivo.202111__3OP9684
3 / 7

Nesta familia as personaxes son moi variadas.

s3.laregion.archivo.202111__3OP9688
4 / 7

Entre o público non faltaron os demos nin os vampiros.

s3.laregion.archivo.202111__3OP9690
5 / 7

Grandes e pequenos acudiron con algún complemento de disfraz.

s3.laregion.archivo.202111__3OP9696
6 / 7

A música de Gramola Gominola é para todos.

s3.laregion.archivo.202111__3OP9699
7 / 7

O espectáculo conquistou a tódolos públicos.