VIDA

Sande recuperou a tradición de Malla

A parroquia de Sande, no Concello de Cartelle, celebrou a I Festa da Malla, unha actividade levada a cabo para a recuperación dunha tradición moi arraigada que fixo revivir vellos tempos aos maiores e, aos máis novos, ver como se realizaba un traballo esencial tanto para os mesmos veciños como para alimentar e facer a cama dos animais domésticos. Como remate da xornada tivo lugar unha cea popular a base de churrasco e bica. 

Organizada pola Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande, ata chegar á xornada da malla houbo a sementeira e a sega. Dúas citas máis para que os veciños se xuntasen en xornadas de traballo, pero tamén de convivencia e lembranzas. 

M.V.
1 / 5

M.V.

IMG20220814WA0009
2 / 5

M.V.

IMG20220814194842
3 / 5

M.V.

IMG20220814194814
4 / 5

M.V.

M.V.
5 / 5

M.V.