VIDA

Verán de campamentos con Amencer

Seguindo coas estadias de campamentos ao aire libre realizados en Galicia, e coordinados pola Asociación Xuvenil Amencer, un grupo de case 50 mozos e mozas ourensáns e cinco animadores do colexio salesiano acudiron a Cambados para pasar uns días de actividades, xogos e convivencia. 

A mocidade participante, cunha idade comprendida entre os 14 e os 16 anos, reencontrouse con amizades doutros anos,e tamén fixeron outras novas con mozos e mozas de toda Galicia que pertencen ás asociacións xuvenís que forman parte da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

DSC1575
1 / 6
DSC1969
2 / 6
DSC1569
3 / 6
DSC1956
4 / 6
5 / 6
6 / 6