Xornal Escolar

21 días co galego no Concepción Arenal

“21 días co galego” é o título do proxecto co que a Consellería de Educación busca aumentar e perfeccionar o emprego oral da lingua entre o alumnado da comunidade autónoma. Este ano, o colexio Concepción Arenal de Ourense é un dos participantes no programa e, para celebrar o inicio da actividade, realizaron unha gran festa coa cultura e as tradicións galegas como protagonistas. 

Agora, durante tres semanas, toda a comunidade educativa terá a oportunidad de reflexionar sobre o uso do galego con propostas moi variadas como charlas, música ou ciencia, entre moitas outras. En total son 12 os centros educativos participantes en toda Galicia, que estes días festexan o futuro da cultura galega.

xornalescolar_0902_carenal_06
1 / 6

Durante tres semanas haberá actividades relacionadas co galego.

xornalescolar_0902_carenal_05
2 / 6

As redes sociais tamén estiveron presentes.

xornalescolar_0902_carenal_04
3 / 6

Houbo varios fotocall para inaugurar a actividade.

xornalescolar_0902_carenal_03
4 / 6

Non faltou a música tradicional para festexar a lingua.

xornalescolar_0902_carenal_02
5 / 6

Alumnos e profesores participan no programa “21 días co galego”.

xornalescolar_0902_carenal_01
6 / 6

O Concepción Arenal celebrou uha gran festa no colexio.