Xornal Escolar

Lixoteca. A tirar confeti!

Preparamos un orixinal lanzador de papeliños de cores para as túas festas. 

xornalescolar_1310_lixoteca_01
1 / 6

Hoxe imos facer unha lanzadeira de confeti! Se tes un aniversario ou unha festa á vista, podes ir preparando este xoguete tan divertido. Os materiais que necesitarás son: cartolinas de cores, un roliño de papel hixiénico, papel de regalo, un globo, cinta de pegar e pegamento e unhas tesoiras.

xornalescolar_1310_lixoteca_06
2 / 6

O primeiro que faremos será cortar a parte traseira do globo, quedando só coa parte onde se sopra e un pouquiño do corpo. Engánchao nun dos lados do roliño de papel hixiénico e pégao bordeando coa cinta. Na punta do globo, fai un nó para que non escape o confeti cando o vaiamos lanzar.

xornalescolar_1310_lixoteca_07
3 / 6

Imos facer a lanzadeira bonita cubríndoa con papel de regalo. Aínda que este paso non é imprescindible para que funcione ben, na Lixoteca do Xornal Escolar gústanos que as manualidades nos queden ben bonitiñas. Escolle para este paso o deseño que máis che guste.

xornalescolar_1310_lixoteca_09
4 / 6

Chegou a hora de preparar o confeti. Aquí tes dúas opcións: podes mercar confeti que xa vén preparado ou podes fabricar o teu propio. Nós optamos por este segundo paso. Se ti tamén queres, tan só terás que cortar tiras de cartolina e facer anaquiños pequenos de diferentes cores.

xornalescolar_1310_lixoteca_13
5 / 6

Chegou a hora de comprobar que a lanzadeira funciona á perfección. Coloca o tubo en vertical e, polo lado que nos quedou baleiro, introduce os anaquiños de papel. Se xa estás listo para lanzar, engancha a punta do globo cos dedos, tira dela cara atrás, conta ata tres e… dispara!

xornalescolar_1310_lixoteca_02
6 / 6

Xa está! Como verás, preparar unha lanzadeira de confeti é moi sinxelo e os materiais que precisamos son moi fáciles de conseguir. Por iso, podes sorprender ós convidados á túa festa de aniversario con este divertido xoguete para festexar todos xuntos. Xa sabes… Mans á obra!