04_xornalescolar_0912_lixoteca_01
1 / 6

Hoxe imos facer unha arboriña de Nadal que podes empregar para adornar algún recuncho da túa habitación, utilizar como centro de mesa para as túas cenas familiares ou mesmo poñela de sombreiro. Necesitaremos: unha cartolina verde e outra amarela, pompóns de cores, tesoiras, pegamento e un bolígrafo.

04_xornalescolar_0912_lixoteca_02
2 / 6

O primeiro que faremos será marcar un círculo sobre a cartolina verde. Para facer ben a forma, nós empregamos un prato de papel, pero podes coller calquera cousa redonda. Pensa, iso si, que o resultado final da arboriña dependerá do grande que fagas agora o círculo. Cando o teñas, simplemente recórtao.

04_xornalescolar_0912_lixoteca_03
3 / 6

Unha vez que teñas o círculo recortado, non gardes as tesoiras, porque imos ter que comerlle un anaco. Corta un triángulo coma se fora unha ración de pizza e xunta os bordes para conseguir un cono. Aquí tamén dependerá o resultado do ancho que fagas o triángulo. Pode ser algo grande porque queremos que quede ben en punta.

04_xornalescolar_0912_lixoteca_04
4 / 6

Deixa que seque ben o cono antes de facer o seguinte paso, que vai ser o máis divertido. Escolle uns pompóns ben vistosos para decorar esta arboriña de Nadal e vainos pegando por toda a superficie do cono. Non tes que seguir ningunha orde concreta e podes enchelo tanto como queiras.

04_xornalescolar_0912_lixoteca_05
5 / 6

Fáltanos unha cousa moi importante sen a que non vai parecer unha árbore de Nadal: a estrela! Colle a cartolina amarela e debuxa unha estreliña sobre ela. Aquí podes facela como máis che guste e con tantas puntas como queiras. Se xa che gusta o resultado, recórtaa e imos pasar ó último paso…

04_xornalescolar_0912_lixoteca_06
6 / 6

Pegamos a estrela no punto máis alto do cono que xa temos adornado e… tachán! Xa tes listo o teu adorno de Nadal. Podes facer varios de diferentes tamaños para construír un bosque navideño moi especial ou para repartir sombreiros con toda a túa familia. Xa sabes… mans á obra!