Xornal Escolar

Aprendendo a pilotar drons no Ponte Vella

Hai algún tempo xa que comezaron a chamar a nosa atención uns aparellos capaces de sobrevoar ata as zonas máis perigosas e ser controlados en remoto cun simple mando. Aínda que o seu uso é moi recomendado para funcións moi serias, pilotar un dron tamén pode ser unha tarefa ben divertida. Por iso, foron moitos os cativos que estes días se achegaron ata as instalacións do Ponte Vella para converterse en pilotos por un momento.

A través dun circuíto disposto dentro da programación do vinte aniversario do centro comercial, a particular gaiola onde circulaban os drons foi atraendo a pequenos -e tamén maiores- para probar a manexar estes novos vehículos con tanta utilidade en numerosos campos de coñecemento.

Non é moi doado coller o truco desta pilotaxe, pero os máis novos -como nativos dixitais que son- “enseguida o collen”. Así o explicaba o monitor da actividade, Christian García.  E o certo é que foron os máis pequenos os que lle deron unha lección de manexo de drons ós pais e avós que os acompañaban. Tras unhas primeira manobras algo dubitativas, logo comezaron a mover o dron ó seu antoxo e algúns mesmo foron capaces de superar varios dos obstáculos preparados neste circuíto de aniversario

A programación festiva do Ponte Vella incluíu tamén propostas de realidade virtual e varias festas de celebración.

 

FOTOS: XESÚS FARIÑAS

xornalescolar_1310_drones_01
1 / 10

As novas xeracións están moi familiarizadas coas máquinas e a tecnoloxía. Por iso, collen moi rápido as indicacións para manexar os drons, tal e como demostraron durante o obradoiro do Ponte Vella.

xornalescolar_1310_drones_14
2 / 10

Algúns pais tamén se animaron a probar sorte co mando de control remoto e tiveron que botarlle unha man ós cativos á hora de desenredalos das cordas que pechaban o circuíto.

xornalescolar_1310_drones_13
3 / 10

Hoxe en día os drons teñen múltiples utilidades, como servicios de vixiancia, gravación de planos para vídeo ou fotografía e mesmo se están probando para a entrega de mercancías.

xornalescolar_1310_drones_10
4 / 10

Christian García é un dos monitores do obradoiro.

xornalescolar_1310_drones_09
5 / 10

Ademais de divertidos, os drons teñen moitas funcións na actualidade.

xornalescolar_1310_drones_08
6 / 10

Os participantes tiveron que superar diferentes obstáculos.

xornalescolar_1310_drones_07
7 / 10

A proposta estaba dirixida a toda a familia.

xornalescolar_1310_drones_05
8 / 10

Os cativos gozaron do obradoiro de manexo de drons.

xornalescolar_1310_drones_04
9 / 10

A gaiola co circuíto de drons estará aberta ata finais desta semana.

xornalescolar_1310_drones_03
10 / 10

O manexo dos drons faise cun mando a control remoto.