Xornal Escolar

As clases do futuro

Moitas veces pensamos que algunhas cousas as aprendemos só para aprobar unha asignatura e non somos conscientes da súa aplicación práctica na vida diaria. Pásanos, por exemplo, coas matemáticas. Pero, sabías o importantes que son para que un voo chegue dende a orixe ó seu destino sen problemas? Porque pilotar un avión non só consiste en despegar e aterrar, senón que antes os pilotos teñen que trazar un plan fixándose nas coordenadas, a curvatura da terra, o vento que haxa ese día… 

De todo isto poden aprender os escolares de toda Galicia na Aula Newton, recén inaugurada na Tecnópole. O obxectivo final da iniciativa non é outro que espertar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado de Secundaria e Bacharelato. Divididos en grupos, os participantes traballan sobre un mapa xusto antes de que chegue o momento máis agardado: probar o simulador de voo. Porque a Aula Newton está equipada coa máis novidosa tecnoloxía para convertir ós mozos en expertos pilotos. 

Mentres, noutra aula, os seus compañeiros encárganse de construír e voar un dron, un elemento cunhas aplicacións infinitas e sobre o que demostran ter unhas destrezas moi amplas. Agora a iniciativa, deseñada por expertos educativos de Noruega, agarda ós escolares para demostrarlles que eses números e símbolos que aprenden nas aulas teñen unha función moi importante na vida diaria.

xornalescolar_0911_aulanewton_10
1 / 9

Dúas alumnas do IES A Pinguela de Monforte preparan o seu plan de voo.

xornalescolar_0911_aulanewton_09
2 / 9

O primeiro que fixeron foron uns cálculos sobre os mapas.

xornalescolar_0911_aulanewton_08
3 / 9

Os alumnos, moi concentrados para trazar ben o seu voo.

xornalescolar_0911_aulanewton_07
4 / 9

Outra das propostas é a pilotaxe de drons. Antes diso, o alumnado é o encargado de construír o seu propio dispositivo e vinculalo co seu teléfono móbil para poder manexalo con facilidade.

xornalescolar_0911_aulanewton_06
5 / 9

Taller de drons na Tecnópole.

xornalescolar_0911_aulanewton_05
6 / 9

Na segunda aula construíron drons.

xornalescolar_0911_aulanewton_02
7 / 9

A Aula Newton foi pensada para fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado. Expertos educativos chegaron dende Noruega para deseñar a distribución e funcionamento das instalacións da Tecnópole.

xornalescolar_0911_aulanewton_01
8 / 9

A Aula Newton está equipada coa última tecnoloxía.

imgData
9 / 9

O simulador de voo é o que esperta máis atención entre os alumnos. Unha vez trazado o plan de voo, mozos e mozas convértense nuns expertos pilotos capaces de facer despegar e aterrar un avión de xeito virtual.