Xornal Escolar

Celebrando ás mulleres literatas en Maristas

Celebrar o Día das Escritoras é un xeito de reparar o esquecemento de tantas mulleres invisibles que sentiron a chamada da escritura. Maristas adaptou a celebración ó seu contexto sociolingüístico e fixo unha proposta dende Lingua Galega, centrando a celebración nas mulleres escritoras que viviron en situacións de conflito bélico, afrontando o sufrimento e o amor, a xenerosidade e o compromiso. Deste xeito, en ESO e Bacharelato viron un vídeo didáctico e leron un fragmento de “Flores de ferro”, de María Rei Vilas. Durante toda a semana, o alumnado pasou pola biblioteca escolar para vivir a experiencia lectora nun entorno de guerra. Foi unha proposta de mergullo nun mar de palabras e emocións, da man de grandes mulleres das nosas letras.

xornalescolar_2610_maristas_02
1 / 5

A biblioteca foi o epicentro dos actos conmemorativos.

xornalescolar_2610_maristas_01
2 / 5

Un ano máis, Maristas sumouse á homenaxe no Día das Escritoras.

xornalescolar_2610_maristas_03
3 / 5

O obxectivo era concienciar sobre o papel das mulleres na literatura.

xornalescolar_2610_maristas_04
4 / 5

Os alumnos experimentaron a experiencia lectora nun entorno bélico.

xornalescolar_2610_maristas_05
5 / 5

No Día das Escritoras participaron alumnos de ESO e Bacharelato.