04_xornalescolar_0112_lixoteca_01
1 / 6

O Nadal está á volta da esquina, así que na Lixoteca imos comezar a prepararnos cuns sinxelos adornos para a árbore ou para onde ti queiras. Imos facer una estrela para darlle un toque de cor ás túas decoracións. Tan só necesitaremos: unhas palliñas de beber, corda, tesoiras, celo e un lazo vermello.

04_xornalescolar_0112_lixoteca_02
2 / 6

O primeiro que faremos será poñer un pouco de celo na punta do cordel para evitar que se vaia desfacendo mentres construímos a estreliña. Cando o teñas, colle cinco palliñas e vai pasando o cordel a través delas. Teñen que quedar en fila e non perdas de vista a punta para poder facer o seguinte paso.

04_xornalescolar_0112_lixoteca_03
3 / 6

Cando teñas tódalas palliñas unidas, xa podes cortar o cordel porque non imos necesitar máis e unir os dous extremos cun nó. O resultado ten que ser un pentágono onde cada palliña sexa un dos lados deste polígono navideño. Se xa o tes, podemos continuar co proceso.

04_xornalescolar_0112_lixoteca_04
4 / 6

Esta quizais sexa a parte máis liosa. Se xa tes o pentágono listo, chegou o momento de coller unha das esquinas do polígono e lévaa contra un dos lados opostos do pentágono. Nunha das partes quedarache unha punta da estrela que terás que tumbar cara o seu lado oposto e pasala por debaixo do lado que vas atopar.

04_xornalescolar_0112_lixoteca_05
5 / 6

Xa o tes? Parece lioso, pero verás que é moi sinxelo. Cando consigas a forma de estrela neste pentágono feito de palliñas, terás agora que cortar un anaquiño de lazo vermello, que colocaremos nunha das puntas da estrela para poder pendurala onde mellor nos pareza.

04_xornalescolar_0112_lixoteca_06
6 / 6

E xa estaría listo o teu primeiro adorno navideño deste ano. Como ves, é moi sinxelo e os materiais que precisamos son moi fáciles de conseguir. Agora, o difícil será decidir onde colocas esta estreliña tan vistosa. Claro que podes facer tantas como queiras… Así que, mans á obra!