Xornal Escolar

As chuches máis saudables

A todos nos apetece comer un doce algunhas veces. E non pasa nada por facelo, simplemente tes que aprender cales son as “chuches” máis boas para a túa saúde.

xornalescolar_2710_menus_05
1 / 6

E aínda que non o creas, o chocolate está entre elas. Claro que tes que fixarte en que sexa o máis puro posible. Un 80% de cacao é o ideal.

xornalescolar_2710_menus_06
2 / 6

Os dátiles, as uvas pasas ou os figos secos son outras tres alternativas cando o corpo che pida unha lambonada. Calquera deles son moi doces para o teu paladar, pero non teñen demasiadas calorías, así que non terás que preocuparte por estar comendo nada malo. Atrévete a probalos, verás que bos están.

xornalescolar_2710_menus_03
3 / 6

Facer xeados na casa é unha opción para asegurarte de que son totalmente saudables. Para preparalos tan só terás que picar as túas froitas favoritas e mesturalas con auga, zume ou leite. As formas para conxelalos véndense en moitos sitios, así que as vas atopar fácil e son reutilizables para que os prepares cando queiras.

xornalescolar_2710_menus_04
4 / 6

Se o que che pide o corpo son patacas fritidas, imos tratar de cambiar de idea cunha receita moi orixinal: “chips” de froitas. Elixe as variedades que máis che gusten e córtaas moi finiñas (pídelle axuda a un maior para este paso). Cando as teñas listas, só terás que acender o forno e deixalas ben crocantes.

xornalescolar_2710_menus_02
5 / 6

Outro clásico para picar entre horas sen caer na tentación dos productos procesados son os froitos secos. Ademais de ser bos para o teu corpo e o teu corazón, tamén están recomendados para o teu cerebro. Améndoas, avelás, pistachos, cacahuetes… Hai moitísimo onde escoller.

xornalescolar_2710_menus_01
6 / 6

Cóntanos os teus pratos! No Xornal Escolar estamos desexando coñecer as túas dotes culinarias e que bo chef eres, así que agardamos polas túas propostas gastronómicas para, entre todos, crear unha dieta rica e saudable cos teus alimentos favoritos. Envíanos os teus menús e receitas a “[email protected]”.