Xornal Escolar

Colaboración en verso do Cardenal Cisneros

Hai uns días presentábase no Liceo de Ourense o número 9 revista cultural “Nós, a Xente do Redor” dirixida por Avelino Jácome. Dende o primero volume da publicación, o Colexio Cardenal Cisneros ten un oco nela, coa aparición dun poema xunto a unha ilustración de alumnas ou alumnos do centro ao carón da sección “Coleccionamos” da Profe Marila. Nesta ocasión, o poema é de Ángel Luis Martínez Rosario e a ilustración de Daniel Delgado González. No acto contou estiveron tamén Isabelly Carmo e Helena Vázquez, encargadas de entregar as revistas aos colaboradores e repartir camelias aos asistentes ao remate. Isa participou no número 1 e Helena faráo no seguinte. Ao carón delas, Desmon Peter que ilustrou o poema no número anterior.

xornalescolar_0102_cisneros_01
1 / 5

Desmond, Marila, Isa, Helena e Ángel coas revistas.

xornalescolar_0102_cisneros_02
2 / 5

Isa, Helena, Ángel, Avelino, Ben, Marila e Desmond coa revista.

xornalescolar_0102_cisneros_03
3 / 5

O cantante Antonio Barros.

xornalescolar_0102_cisneros_04
4 / 5

Isa e Helena entregando as camelias.

xornalescolar_0102_cisneros_05
5 / 5

Helena, Isa e Marila con algúns dos colaboradores da revista.