Xornal Escolar

No cole tamén nas vacacións con Amencer

Como cada ano, a asociación xuvenil Amencer ofreceulle ás familias ourensás unha alernativa lúdica para favorecer a conciliación durante as vacacións escolares. Deste xeito, durante a Semana Santa, os monitores do colectivo organizaron unha morea de actividades lúdicas e divertidas para os cativos da cidade. 

O obxectivo destas iniciativas non é outro que educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos cativos, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar. Para iso, desenvolveron obradoiros, xincanas, xogos cooperativos, actividades ó aire libre, festas… Os participantes pasárono de marabilla durante tódolos días e, de novo, as Mañás de Semana Santa foron un éxito.

xornalescolar_2704_amencer (1)
1 / 6

Os xogos de ciencia tamén son un éxito nas Mañás de Amencer.

xornalescolar_2704_amencer (2)
2 / 6

Os xogos propostos por Amencer sempre contan cun compoñente educativo.

xornalescolar_2704_amencer (2)
3 / 6

Non faltaron as manualidades relacionadas coa Pascua.

xornalescolar_2704_amencer (4)
4 / 6

Unha das propostas con maior éxito é a de cociña.

xornalescolar_2704_amencer (6)
5 / 6

Preparados e listos nas Mañás de Semana Santa para comezar a carreira.

xornalescolar_2704_amencer (7)
6 / 6

A proposta é un clásico das vacacións en Ourense.