Xornal Escolar

O colexio Cardenal Cisneros aprende a historia dos canastros

O Colexio Cardenal Cisneros recibiu a visita de Arturo Fernández Araujo. Como alumno que fora do centro, tivo como profesor ó etnógrafo Xaquín Lorenzo “Xocas” -que foi mestre nese colexio durante moitos anos- que lle transmitiu o amor á nosa terra e á cultura tradicional. Seguindo a estela do historiador ourensán, imparte charlas divulgativas para que non nos esquezamos do traballo que facían os noso devanceiros.. 

Nesta ocasión achegou ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria aos cabaceiros, hórreos, canastros, ...  Estes son algún dos nomes que se lle dan a esas construcións de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. “Como elemento patrimonial en perigo de extinción, hai que coñecelos, coidalos e conservalos”, díxolles Arturo.

Puideron observar diferentes tipos de millo e a súa historia e usos; as tipoloxías dos hórreos, as súas partes e os elementos ornamentais, a súa localización,... Todo iso a través de maquetas realizadas por el mesmo a escala e unha morea de fotografías escollidas entre as miles delas que ten dos diferentes canastros galegos e de todo o mundo.

Unha semana enriquecedora na que os nenos e as nenas de Cisneros escoitaron as explicacións do especialista e percorreron a exposición con grande interese e curiosidade.

xornalescolar_2510_cisneros_01
1 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_02
2 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_03
3 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_04
4 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_05
5 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_06
6 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_07
7 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_08
8 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_09
9 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2510_cisneros_10
10 / 10

A historia dos hórreos no Cardenal Cisneros.