Xornal Escolar

Un colorido lapiceiro

Hoxe imos facer dous lapiceiros, para que escollas o que máis che guste e comeces a organizar as túas cousiñas deste curso.

xornalescolar_0510_lixoteca_01
1 / 6

Os materiais que necesitas son: dous botes de cristal, dúas cartolinas de cores, pompóns, lazo da cor que prefiras, un rotulador, tesoiras, unha regra e pegamento.

xornalescolar_0510_lixoteca_02
2 / 6

Se utilizas un bote que teñas pola casa, asegúrate primeiro de que está ben limpo. Se non é o caso, límpao ben e déixao secar. Cando o teñas, corta unha tira de cartolina que teña o alto do bote e unha medida de longo suficiente para rodear completamente o seu contorno.

xornalescolar_0510_lixoteca_03
3 / 6

Cando teñas a tira de cartolina preparada, fai con ela un roliño e introdúcea no interior do bote, asegurándote de que queda todo ben cuberto e perfectamente encaixada. Agora chegou o momento de pegar os pompóns por toda a parte de fóra para conseguir un lapiceiro ben colorido.

xornalescolar_0510_lixoteca_04
4 / 6

Se queres, podes tapar a rosca do bote para que non se vexa o que é. Podes facelo cubríndoa cun pouco de cartolina, pintándoa ou, como fixemos nós aquí, rodeándoa cun pouco de cinta e facéndolle un laciño decorativo. Neste paso podes probar o resultado que máis che guste.

xornalescolar_0510_lixoteca_05
5 / 6

Para o segundo lapiceiro terás que repetir a mesma operación que fixemos no primeiro paso da manualidade: cortar unha tira de cartolina da medida do bote. Pero antes de metela dentro, neste caso imos debuxar unhas estreliñas e recortalas para deixar á vista os lapis e utensilios que metas dentro.

xornalescolar_0510_lixoteca_06
6 / 6

E xa estaría! Agora tes dous lapiceiros moi orixinais cos que aproveitamos botes vellos. Se queres, podes darlle á imaxinación e ir facendo diferentes propostas creativas coa cartolina para ter un montón de lapiceiros diferentes que decoren o teu escritorio durante o curso. Xa sabes… Mans á obra!