Xornal Escolar

Como se curan os disgustos?

Empoderar ós máis pequenos no seu autocoidado e capacitalos para que saiban como actuar ante unha emerxencia e situacións do día a día. Así é como se presenta o obradoiro “Pupas, sustos e outros disgustos”, que leva varios anos percorrendo os centros educativos de toda a provincia para explicarlle ás novas xeracións como actuar ante accidentes cotiáns e, ó mesmo tempo, conciencialos sobre a importancia do bo uso dos servizos sanitarios.

Nesta ocasión, a actividade, promovida por profesionais da Enfermaría de Atención Primaria, chegou ó colexio Manuel Sueiro de Ourense. Alí, alumnos de Primaria tiveron que aprender a curar moratóns, cortes, feridas… E tamén a reanimar ós seus bonecos, cos que chegaron para converterse nuns expertos na resolución de emerxencias e accidentes. 

Despois dun curso centrado nos protocolos sanitarios da pandemia, este ano o obradoiro “Pupas, sustos e outros disgustos” voltou ás esencias da súa orixe, coas que leva percorrendo tódolos recunchos da provincia durante todo o curso. O obradoiro ten ademais unha gran acollida entre o alumnado, que aprende valores dun xeito práctico e divertido.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_01
1 / 15

Na sesión práctica empregaron bonecos.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_02
2 / 15

O obradoiro “Pupas, sustos e outros disgustos”, promovido por profesionais da Enfermaría, leva varios anos impartindo estas sesións nos centros educativos de toda a provincia.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_03
3 / 15

“Pupas, sustos e outros disgustos” percorre os colexios de toda a provincia.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_04
4 / 15

Aprendendo a desinfectar as feridas.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_06
5 / 15

Aprendendo a desinfectar as feridas.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_08
6 / 15

“Pupas, sustos e outros disgustos” percorre os colexios de toda a provincia.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_11
7 / 15

A actividade ten moi boa acollida entre o alumnado.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_10
8 / 15

No colexio Manuel Sueiro, alumnos de Primaria tiveron ocasión de aprender como curar feridas e resolver accidentes domésticos.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_09
9 / 15

A actividade ten como obxectivo que os pequenos aprendan autocoidado.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_12
10 / 15

A actividade ten moi boa acollida entre o alumnado.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_13
11 / 15

Na sesión práctica empregaron bonecos.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_14
12 / 15

Aprendendo a desinfectar as feridas.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_15
13 / 15

A actividade ten moi boa acollida entre o alumnado.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_16
14 / 15

Profesionais de Atención Primaria do Sergas son os encargados de guiar os obradoiros.

xornalescolar_2505_pupas_sueiro_17
15 / 15

Os alumnos aprenden a resolver problemas do día a día dun xeito práctico no que participan de xeito activo. Na imaxe, aprendendo como curar un moratón derivado dun golpe.