Xornal Escolar

Compartir o hábito lector en Salesianos

Unha vez ós mes, as aulas do colexio Salesianos acollen a reunión dunha trintena de alumnos de Educación Secundaria, que se xuntan para compartir as súas impresións e experiencias de lectura. É o clube Tragalibros, unha iniciativa para fomentar os hábitos lectores entre o alumnado que un ano máis é un éxito de convocatoria. Ademais de ler, realizan actividades como a creación de marcapáxinas ou relatos para os máis cativos do colexio.

“Cando sangren os lobos” é o título do libro que agora remataron os participantes e todos compartiron unhas impresións moi positivas da súa lectura. Para eles, participar no clube significa gozar moito máis da lectura, ó poder poñer en común as sensacións que cada un foi tendo. 

As súas personaxes favoritas, os momentos máis intensos do libro ou mesmo as interpretacións que cada un fixo do final da historia centraron algúns dos momentos do seu encontro mensual, no que participaron lectores veteráns e outros que se adscribiron á iniciativa este curso. A implicación é moi grande por parte do alumnado, maioritariamente feminino.

Agora, unha vez celebrada a súa reunión mensual, afrontan este novo ano con moitas ganas de ler e xa teñen deberes ata o vindeiro mes, cando os Tragalibros volverán ó seu encontro para compartir o seu amor pola lectura.

Fotos: Xesús Fariñas

xornalescolar_1901_tragalibros_001
1 / 10

Participantes na última edición do Día do Libro.

xornalescolar_1901_tragalibros_012
2 / 10

Os membros do clube len entre un e dous libros ó mes.

xornalescolar_1901_tragalibros_011
3 / 10

Na primeira reunión deste curso participaron unha trintena de socios do clube de lectura de Salesianos, se ben moitos non puideron acudir á ultima celebrada por mor do covid. Con todo, a participación dos alumnos é un éxito.

xornalescolar_1901_tragalibros_009
4 / 10

Os profesores tamén participan no debate sobre os libros.

xornalescolar_1901_tragalibros_007
5 / 10

Un instante da última reunión do clube de lectura de Salesianos.

xornalescolar_1901_tragalibros_006
6 / 10

O clube está formado por alumnos de Educación Secundaria.

xornalescolar_1901_tragalibros_005
7 / 10

“Cando sangren os lobos” é o título do último libro que leron os Tragalibros. Os membros son grandes amantes da literatura de intriga e misterio, por iso lles gustou moito o último título proposto.

xornalescolar_1901_tragalibros_004
8 / 10

As cámaras do Xornal Escolar de Telemiño asistiron á última reunión dos Tragalibros para recoller as impresións destes amantes da lectura, que disfrutan de cada sesión e de compartir experiencias.

xornalescolar_1901_tragalibros_003
9 / 10

Cada ano hai novas incorporacións ó clube Tragalibros.

xornalescolar_1901_tragalibros_002
10 / 10

Os Tragalibros, listos para comezar a reunión.