Xornal Escolar

Constrúe unha cámara de fotos

Imos facer unha cámara de fotos coa que inmortalizar os mellores momentos deste curso

xornalescolar_2109_lixoteca_05
1 / 6

Tan só necesitas uns pouquiños materiais moi doados de conseguir: dúas botellas de champú ou xel de baño, unha caixa de cartón pequena, un cúter e unhas tesoiras, un pouco de goma eva e rotuladores de cores.

xornalescolar_2109_lixoteca_04
2 / 6

Para facer a cámara de fotos imos necesitar tres buratos, que comezaremos por sinalar cun rotulador. Un deles estará no centro dun dos lados da caixa, que nos servirá para colocar o obxectivo da nosa cámara. Os outros dous terán que estar enfrontados polos dous laterais da caixa e marcarémolos nunha das esquinas.

xornalescolar_2109_lixoteca_01
3 / 6

Toca recortar e, para isto, imos utilizar o cúter. Ten coidado porque te podes mancar, así que é importante que este paso o fagas coa axuda dun maior. Recorta os cadros que marcaches co rotulador asegurándote de que podes atravesar os dous que fixeches nunha das esquinas (tes que poder ver a través deles).

xornalescolar_2109_lixoteca_02
4 / 6

Collemos os botes de xel e retirámoslle os tapóns. O máis grande imos usalo como obxectivo, poñéndolle pegamento e colocándoo sobre o burato do medio da caixa. O tapón máis pequeno será o flash, así que irá na esquina da parte superior. Cortamos tres círculos de goma eva e pegámolos por riba dos buratos de mirar.

xornalescolar_2109_lixoteca_03
5 / 6

Tan só queda decorar con axuda dos rotuladores de cores. Podes facer o deseño que máis che guste, xa sabes que o importante é botar a andar a imaxinación. Se non se che ocorre nada, sempre podes copiar as formas dunha cámara de verdade… Este paso tes que facelo ó teu gusto con moita creatividade.

xornalescolar_2109_lixoteca_06
6 / 6

E xa o tes! A túa cámara de fotos xa está lista para comezar a disparar e capturar os mellores momentos deste curso cos teus amigos. Unha idea que che damos é situar un teléfono móbil dentro da caixa coa cámara coincidindo no burato de mirar para que esas lembranzas che queden ben gravadas. Mans á obra!