Xornal Escolar

Deporte, ciencia e creatividade

Deporte, ciencia e creatividade centran o día a día dos alumnos ourensáns cando pechan os libros de texto. Fabricar neve da man da ciencia, sementar froitos para recollelos na primavera, animar ás xogadoras de hockey ou estrear novas equipacións deportivas son algunhas das actividades dos últimos días.

xornalescolar_2601_redes_005
1 / 7

Apostólico Mercedario. O patio loce novas canastas para seguir facendo do multideporte un dos eixos da súa actividade diaria e docente no centro educativo de Verín. Os alumnos xa as estrearon cun animado partido.

xornalescolar_2601_redes_004
2 / 7

IES Otero Pedrayo. Para recoller, hai que sementar e, por iso, os alumnos de ESO xa prantaron chícharos, cebolas ou allos na horta escolar. Agora toca agardar a que veñan os froitos na primavera.

xornalescolar_2601_redes_003
3 / 7

San Pío X. O alumnado de sexto de Primaria achegouse a animar á selección feminina de Hockey durante o seu partido ante Suíza, celebrado dentro do Campionato de Europa no pazo dos deportes Paco Paz.

xornalescolar_2601_redes_002
4 / 7

Divino Maestro. O alumnado de primeiro conseguiu o primeiro premio no concurso nacional de Giotto coa temática “Juntos creamos igualdad y diversidad”. Rapaces e profesores están moi contentos co galardón.

xornalescolar_2601_redes_001
5 / 7

Sagrado Corazón (O Carballiño). Cativos e cativas de tres anos crearon unha neve moi especial dentro da aula usando uns “polviños máxicos”. Bicarbonato e un pouco de auga para levar o inverno polar ó interior do colexio.

xornalescolar_2601_redes_006
6 / 7

Ampas Concertados. Valeria Menor Ferreira, Alejandro Iglesias Pateiro, Adriana Rubín Salgado e Guillermo Limia Páez, alumnos de Carmelitas, recibiron os seus premios polas tarxetas de Nadal no certame convocado pola Federación de Anpas.

xornalescolar_2601_redes_007
7 / 7

Cardenal Cisneros. A Sociedade Filatélica Miño comeza o ano con mostras, como a realizada pola alumna Isabelly Carmo, a única xuvenil co traballo “La ciudad de los niños y las niñas”; unha colección aberta con problemas das cidades.