Xornal Escolar

O deporte, protagonista

O deporte foi o protagonista das últimas xornadas, mentres os alumnos se preparan para vivir o Entroido. O fareleiro tomou as aulas da Escola Infantil do Miraflores, mentres os alumnos de Celanova, Lobios e Carballeda de Avia practicaron deporte e en Covadonga descubriron unha chea de insectos exóticos.

xornalescolar_0102_redes_02
1 / 7

Pena Corneira. A “Xogando ao atletismo” en categoría alevín celebrouse no Xestal de Ribadavia. Os alumnos de Carballeda de Avia regresaron moi contentos coa experiencia, a pesar do frío e a néboa.

xornalescolar_0102_redes_01
2 / 7

Celanova. Un grupo de alumnos do Curros Enríquez participou na carreira de campo a través celebrada en Muíños, quedando de subcampión Hugo Rodicio, de 3º de Primaria, e tamén recibiron un diploma de participación para o centro.

xornalescolar_0102_redes_03
3 / 7

Virxe de Covadonga. O entomólogo santiagués Miguel Santamaría, especializado en invertebrados exóticos e criador de insectos tropicais, visitou o centro acompañado de insectos e artrópodos vivos e outros animais espectaculares.

xornalescolar_0102_redes_04
4 / 7

Lobios. En Muíños estivo tamén representado o colexio do Xurés, que empezou o ano correndo moito para combater o frío. Alumnos e profesores pasárono de marabilla na carreira de campo a través da Baixa Limia.

xornalescolar_0102_redes_05
5 / 7

Miraflores. O Entroido xa está aquí. A festa xa está preto e os máis pequenos da Escola Infantil non faltaron á cita do fareleiro, que celebraron cheos de fariña e diversión nas aulas do centro.

xornalescolar_0102_redes_07
6 / 7

Verín. Os alumnos de segundo e terceiro do María Inmaculada asistiron a unha xornada de animación á lectura impartida por Sabela Gago, na que o pasaron en grande devertíndose coa literatura.

xornalescolar_0102_redes_06
7 / 7

Padre Feijóo Zorelle. A clase de 4º de Primaria, seguindo as indicacións da súa compañeira Liennis, ven de crear estos comecocos con preguntas que lles van axudar a afianzar o aprendido en Ciencias Naturais.