Xornal Escolar

Día da familia para iniciar a diversión en Amencer

Aínda que as actividades comezaron a primeiros de outubro, a asociación xuvenil Amencer organizou unha gran festa para celebrar o Día da Familia e inaugurar deste xeito o curso de forma oficial. No evento déronse cita os participantes nos grupos Saltimbanquis, Andaina, ADS e Xuvenís, que compartiron unha divertida tarde de xogos cos seus animadores.

Tamén estiveron presentes as familias dos cativos e cativas de Amencer, que aproveitaron para coñecerse e compartir impresións sobre o novo curso que agora comeza. Foi unha xornada moi especial para todos, que xa están desexando comezar a aprender xogando durante os seus momentos de ocio.

xornalescolar_2710_amencer_17
1 / 7

As carreiras de sacos foron as máis divertidas.

xornalescolar_2710_amencer_15
2 / 7

Tódalas propostas de Amencer están pensadas para aprender xogando.

xornalescolar_2710_amencer_13
3 / 7

Moi contentos de voltar a encontrarse nas actividades de Amencer.

xornalescolar_2710_amencer_04
4 / 7

Cada grupo debuxou o seu nome para unha gran pancarta común.

xornalescolar_2710_amencer_09
5 / 7

Xogos cooperativos para inaugurar o curso en Amencer.

xornalescolar_2710_amencer_11
6 / 7

Os xogos populares non faltaron nesta festa para as familias.

xornalescolar_2710_amencer_02
7 / 7

Unha imaxe para o recordo de tódolos participantes no Día da Familia.