Xornal Escolar

Dous camiños con boas metas en Salesianos

Cada paso da comunidade educativa de Salesianos conta. E é que alumnos e profesores adicaron as últimas semanas a dous proxectos que os levaron a camiñar por dúas boas causas. O primeiro deles levou a un grupo 55 alumnos de terceiro da ESO a realizar o Camiño de Santiago pola Vía da Prata. Comezaron recibindo a bendición do peregrino na igrexa parroquial de María Auxiliadora e partiron cara a capital galega. Ademais de camiñar tamén tiveron momentos para realizar actividades de reflexión para integrar na vida esta experiencia. En Santiago xuntáronse co alumnado dos colexios salesianos de A Coruña e Cambados. O segundo proxecto foi “Camiño á escola”, dentro das actividades do Día sen coches, promovendo realizar o traxecto ata o centro educativo a pé. A proposta foi un éxito entre pais, alumnos e profesores.

xornalescolar_0510_salesianos_01
1 / 6

Moi orgullosos de chegar á meta tras facer o Camiño pola Vía da Prata.

xornalescolar_0510_salesianos_02
2 / 6

Alumnos de terceiro de ESO no seu camiño cara Compostela.

xornalescolar_0510_salesianos_03
3 / 6

No Camiño de Santiago hai tempo para a convivencia.

xornalescolar_0510_salesianos_04
4 / 6

Toda a comunidade se uníu para conmemorar o Día sen coches.

xornalescolar_0510_salesianos_05
5 / 6

Pais, alumnos e profesores uníronse no camiño á escola.

xornalescolar_0510_salesianos_06
6 / 6

O camiño ata a escola foi un éxito.