Xornal Escolar

Comeza a recta final

Educación Vial, prevención de incendios e homenaxes para darlle comezo ó penúltimo mes deste curso escolar. Profesores universitarios que volven ás aulas da infancia, encontros interescolares para fomentar a diversidade e premios para o alumnado de alemán, protagonistas destas últimas semanas.

xornalescolar_0405_redes_01
1 / 7

Franciscanas. Franciscanas recibiu a Beni Bouzada, da Federación de Técnicos de Educación Vial, acompañado por Martiño Peregrino, que lles explicou as normas de tráfico e lembroulles a importancia de levar sempre o cinto de seguridade.

xornalescolar_0405_redes_02
2 / 7

Padre Feijóo Zorelle. Alumnos de Camariñas visitaron Ourense para participar xuntos nun encontro pola diversidade de orixes e de culturas. Un debate sobre as políticas para favorecer a inclusión foi o eixo central.

xornalescolar_0405_redes_03
3 / 7

Carballeda de Avia. O Concello está a realizar un proxecto europeo que se achegou ó colexio Pena Corneira para que os alumnos de Primaria coñezan mellor o medio ambiente e aprendan a protexelo.

xornalescolar_0405_redes_04
4 / 7

A Merca. O Gallego Jorreto recibiu o obradoiro Pupas, sustos e outros disgustos. Os pequenos aprenderon moitas cousas sobre como actuar ante un accidente doméstico da man de Domingo, Sabela, María e Uxía.

xornalescolar_0405_redes_06
5 / 7

Concepción Arenal. O profesor da USC Alexandre Sotelino visitou o seu antigo colexio, reuniuse co profesorado que lle deu clase e tamén compartiu uns intres co alumnado actual. Un rencontro moi emotivo.

xornalescolar_0405_redes_07
6 / 7

Salesianos. Os pequenos de Infantil participaron nunha actividade de Educación Vial con “Pituca”, que lles ensinou as normas básicas de circulación a través de diferentes xogos. A mellor forma de converterse en bos peatóns.

xornalescolar_0405_redes_05
7 / 7

IES As Lagoas. O alumnos Carlos González Ávila, de cuarto de ESO, participou na Olimpiada Nacional de Alemán no Goethe Institut de Madrid e foi o gañador na competición do nivel A2. O premio é representar a España en Hamburgo.