Xornal Escolar

Grandes proxectos educativos

Os escolares agardan a chegada do Entroido  mentres continúan cos seus proxectos educativos deste curso. Competicións deportivas, menús interxeracionais, obras de teatro en inglés, actividades literarias ou estudos científicos foron algunhas das propostas desenvolvidas nas aulas na última semana.

xornalescolar_1502_redes_01
1 / 7

Miraflores. Alumnos de terceiro de ESO estudan a degradación dos materiais nun proxecto conxunto con México. O obxectivo é contrastar os datos dos diferentes territorios. Xunto a eles estivo Infantil cos seus “Recreos residuos zero”.

xornalescolar_1502_redes_02
2 / 7

Pena Corneira. No Auditorio estiveron tamén os alumnos de Carballeda de Avia para divertirse coa obra de teatro en inglés sobre un campamento de verán cuns campistas que se meten nalgúns problemas.

xornalescolar_1502_redes_03
3 / 7

Curros Enríquez. Os alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria de Celanova trasladáronse ó Auditorio de Ourense para asistir a unha obra de teatro en inglés. Foi un día moi divertido para eles.

xornalescolar_1502_redes_04
4 / 7

Franciscanas. Avós e avoas dos alumnos acudiron ó colexio a comaprtir con eles o menú gañador do concurso “Receitas con historia” de Arume. Foi unha xornada moi emotiva e nutritiva.

xornalescolar_1502_redes_05
5 / 7

Padre Feijóo Zorelle. Alumnado de Primaria participou na sesión de contacontos con Inma Soto, a autora de “Xela, a súper heroína de aldea”, coa que aprenderon a valorar a riqueza natural e a importancia de coidala.

xornalescolar_1502_redes_06
6 / 7

Eulogio Gómez Franqueira. As actividades deportivas escoalres tiveron unha cita destacada nos últimos días no parque Puzo do Lago de Maside. Alí estiveron con moita enerxía os alumnos de San Amaro.

xornalescolar_1502_redes_07
7 / 7

Virxe da Pena da Sela. No colexio do Irixo convertéronse en científicos por un día. Coas súas batas e os seus maletíns, os cativos converteron o centro educativo nun gran laboratorio para darlle a benvida ás actividades de Entroido.