Xornal Escolar

A horta, lugar de aprendizaxe no Manuel Sueiro

Despois do éxito da primeira edición da horta colaborativa dos centros educativos CEIP Manuel Sueiro e CIFP Portovello, en colaboración co seu profesorado e alumnado, a actividade retomouse este ano cunha pequena plantación de produtos hortícolas que xa medran no espazo que o segundo puxo a disposición dos alumnos do Manuel Sueiro no exterior das instalacións.

Pero antes de comezar a sementar é importante dispoñer das prantas, así que a primeira parada foi en Agrolimia, onde os alumnos recompilaron o material preciso para a actividade. Entre todos e todas foron recollendo os productos. Deste xeito, os alumnos tiveron que calcular os importes e aboar a conta poñendo en práctica os seus coñecementos de cálculo -aínda que tiveron algunha rebaixiña-. 

Con todo o material xa nas mans, dirixíronse á horta do Portovello, para comezar a prantación seguindo tódolos pasos: preparar a terra retirando pedras e malas herbas, incorporar e remover o abono, sementar tomates, leitugas, cenouras, cebolas e fresas, e comezar a rega con coidadiño. Unha vez ás semana, estes novos agricultores visitan a horta para facer o mantemento e seguir a evolución das colleitas. Xa só lles queda agardar para poder degustalas todos xuntos na aula e comezar a pensar nas sementes do próximo ano. 

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_01
1 / 8

Os alumnos do Manuel Sueiro encargáronse de todo o proceso: dende recompilar o material e prantas, ata preparar a terra para que dea bos froitos.

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_02
2 / 8

Coas prantas listas para comezar a semente.

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_03
3 / 8

Os alumnos do Manuel Sueiro encargáronse de preparar a terra para os seus cultivos.

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_04
4 / 8

A actividade realízase en colaboración co CIFP Portovello.

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_06
5 / 8

Unha vez á semana, estes pequenos agricultores visitan os seus cultivos para realizar o mantemento da horta e asegurarse que todo marcha ben.

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_09
6 / 8

Toda a comunidade educativa se implica para que a horta escolar, situada no Portovello, dea uns saborosos froitos e productos totalmente ecolóxicos.

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_15
7 / 8

Ademais de aprender sobre agricultura, tamén se divirten ó aire libre.

xornalescolar_0806_manuel_sueiro_16
8 / 8

Listos para empezar.