Xornadas de convivencia en Carmelitas
Estas primeiras semanas do curso son de aproximación ós contidos que alumnos e alumnas van ter que estudar durante todo o ano, pero tamén son os días de comezar a convivir cos compañeiros. Para facilitar esta segunda tarerfa, o alumnado de Educación Secundaria de Carmelitas viviu unha divertida xornada de actividades ó aire libre nas que os estudantes gozaron da compañía dos seus amigos e profesores.
O obxectivo desta proposta é que os mozos e mozas tomen conciencia dos valores que os fan mellores persoas, tanto no ambiente escolar, como no ambiente natural e social que os rodea. Dende primeiro ata cuarto de ESO, viviron unha mañá moi activa nos espazos naturais por excelencia da cidade: Oira, Montealegre, Outariz e o parque Miño.