Xornal Escolar

Listos para o novo ano no IES Otero Pedrayo

Fotos: Xesús Fariñas

Son máis de 12.000 os alumnos que comezaron nestes días en toda a provincia de Ourense os seus respectivos cursos de Educación Secundaria e Bacharelato. Moitos deles procedentes do último curso de Educación Primaria, que agora afrontan -ademais do propio reto de sacar adiante o curso- a misión de adaptarse ós institutos e, en moitos casos, descubrir un novo edificio. 

É esta a primeira sensación que tran consigo os alumnos de primeiro de ESO no IES Otero Pedrayo da cidade. “É moi grande”. Esta é a impresión máis repetida polos novos estudiantes, desexosos de comezar a explorar cada recuncho do histórico edificio para superar con éxito esta nova etapa das súas vidas. 

Os veteranos, que xa están perfectamente adaptados ás instalacións do instituto do centro de Ourense, confesan con sinceridade que non terían problema en que as vacacións escolares durasen un pouco máis. “Non tiña moitas ganas de empezar”, aseguraban algunhas alumnas de terceiro de ESO. Con todo, están plenamente dispostos a aproveitar ó máximo esta etapa estudiantil e absorber a tope os coñecementos ó seu alcance. Trátase dun dos institutos máis populares e con maior número de alumnos. Arredor de 700 mozos e mozas ourensáns acoden cada día ás aulas do Otero Pedrayo. 

É este o segundo curso que comeza inmerso de cheo na pandemia e, aínda que a situación está máis relaxada gracias ó avance da vacunación, as medidas de seguridade e os protocolos covid mantéñense intactos, se ben a reducción da distancia entre pupitres permitiulle ó equipo directivo volver ás aulas de mañá en tódolos seus niveis (o ano pasado tiveron que habilitar unha quenda vespertina). 

Por iso, a progresiva volta á normalidade é un dos desexos que comparte toda a comunidade educativa, ó tempo que aplauden o bo comportamento dos estudantes, tanto durante todo o curso pasado como nestes primeiros días do novo ano escolar. 

Agora, instalados xa nos novos pupitres e en proceso de aterraxe nas novas materias, os estudantes de Secundaria e Bacharelato xa cadraron as súas axendas, xa descubriron ós novos compañeiros e xa están cos folgos renovados para exames, exercicios e crecemento persoal. 

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
1 / 10

As primeiras impresións dos alumnos son moi satisfactorias.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
2 / 10

Os de primeiro de ESO son novos tamén no edificio.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
3 / 10

Preparados para un novo curso no instituto Otero Pedrayo.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
4 / 10

O comportamento dos adolescentes coas medidas covid é exemplar.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
5 / 10

A concentración no instituto ten que ser máxima.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
6 / 10

Coñecendo ós profesores de cada unha das asignaturas.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
7 / 10

Todos teñen as súas asignaturas favoritas.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
8 / 10

Algúns non tiñan ganas de que remataran as vacacións.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
9 / 10

As aulas do Otero Pedrayo están cheas de vida de novo.

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
10 / 10

Daniel Lorenzo é o director do IES Otero Pedrayo.