Xornal Escolar

As mañás máis divertidas son as de Amencer

O Nadal en Ourense ten varios clásicos dentro da súa programación e un deles son as Mañás de Amencer, un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos cativos, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

Do mesmo xeito, tamén se trata de ofrecer unha proposta de conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares para as familias da cidade, ofrecéndolles ós cativos actividades como animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, termas, visita á biblioteca, excursións... 

Unha chea de propostas que converteron as Mañás de Nadal un ano máis nun divertido espazo de convivencia para nenos e nenas de tódalas idades. Xuntos desenvolveron todo tipo de xogos colaborativos e tamén tiveron tempo para visitar lugares como Pazolandia ou a pista de xeo do centro comercial Ponte Vella. 

Este ano a proposta da asociación xuvenil Amencer cumpriu o seu 15 aniversario, recibindo a 149 nenos e nenas de entre tres e 14 anos nas dúas seccións de Infantil (62 participantes) e Primaria (87 participantes) acompañados por 16 animadores e animadoras.  En total 165 persoas implicadas nesta tradición das vacacións. 

xornalescolar_1101_amencer_13
1 / 10

Diversión en Pazolandia.

xornalescolar_1101_amencer_08
2 / 10

Pedro, Mateo, Inés, Clara, Mateo, Vera e Martín en Pazolandia.

xornalescolar_1101_amencer_07
3 / 10

Nenos e nenas de Infantil con Papá Noel.

xornalescolar_1101_amencer_06
4 / 10

Martina, Ezequiel, Gerardo, Adela, Kevin e Victoria.

xornalescolar_1101_amencer_05
5 / 10

Fabián, Alba e Lucía no carrusel.

xornalescolar_1101_amencer_04
6 / 10

Diversión en Pazolandia.

xornalescolar_1101_amencer_03
7 / 10

Diego e Carlota na pista de xeo do Ponte Vella.

xornalescolar_1101_amencer_02
8 / 10

Adela e Victoria divertíndose na pista de xeo.

xornalescolar_1101_amencer_01
9 / 10

Adela e Kevin cociñando.

xornalescolar_1101_amencer_12
10 / 10

Os participantes de Primaria visitaron Pazolandia e coñeceron a Pacito.