Xornal Escolar

As mañás máis divertidas son as de Amencer

Como cada ano, a Semana Santa na cidade ten un escenario imprescindible: as instalacións da asociación xuvenil Amencer e as súas Mañás de Lecer, nas que participan escolares de todo Ourense. 

Mañás de Semana Santa é un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos cativos, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar. Con este obxectivo e o de realizar actividades para a conciliación da vida laboral e familiar, os participantes desta edición realizaron un montón de actividades aproveitando ademais as boas temperaturas das vacacións.

Durante as diferentes xornadas, un total de 129 rapaces e rapazas de toda a cidade participaron na iniciativas educativa (43 nenos e nenas de idades de Educación Infantil e 86 rapaces e rapazas de idades de Educación Primaria). 

Obradoiros, probas de habilidades, ciencia divertida,  animación á lectura, xogos ó aire libre, videoxogos e moita diversión cooperativa foron algúns dos ingredientes que volveron converter as Mañás de Amencer nunha receita triunfadora na que cativos de tódalas idades coincidiron nun espazo de conciliación no que pasar unhas vacacións diferentes cheas de grandes momentos de convivencia e lembranza para recargar as pilas.

xornalescolar_1204_amencer_01
1 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_02
2 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_03
3 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_04
4 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_06
5 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_05
6 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_07
7 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_09
8 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_08
9 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_10
10 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.

xornalescolar_1204_amencer_11
11 / 11

Mañás de Semana Santa en Amencer.