Xornal Escolar

Unha máscara para o Entroido

Co Entroido chamando á porta, imos comezar a preparar os nosos primeiros disfraces.

xornalescolar_0102_lixoteca_02
1 / 6

Para facer estas orixinais caretas necesitamos: cartóns de ovos, tesoiras, pinturas acrílicas, pinceis, troqueladora, goma e os adornos que máis che gusten.

xornalescolar_0102_lixoteca_03
2 / 6

O primeiro que terás que facer é recortar o anaco do cartón de ovos que necesitas. Podes facelo como queiras, pero asegúrate de que quedan dous dos recipientes dos ovos para os ollos e un dos picos que os separan para o nariz.

xornalescolar_0102_lixoteca_04
3 / 6

Podes deixarlle unha cresta para facer unha pita ou para pegar sobre ela adornos. Cando teñas a forma que queiras, recorta dous circuliños para colocar os ollos. Podes facer probas para asegurarte de que podes ver ben por eles.

xornalescolar_0102_lixoteca_05
4 / 6

Chegou a hora de darlle cor á túa careta. Nós estamos facendo unha pitiña, así que pintamos de negro o contorno dos ollos, de branco arredor deles, de amarelo o pico e de vermello a cresta. Mentres agardas a que seque, podes ir pensando noutros deseños.

xornalescolar_0102_lixoteca_06
5 / 6

Se xa está seco de todo, bota man da troqueladora e faille un buratiño a cada lado da máscara. Por aquí terás que introducir unha goma elástica para poder suxeitala sobre a túa cara e darlle moitos sustos de Entroido ós teus amigos.

xornalescolar_0102_lixoteca_01
6 / 6

Listo! A túa primeira careta feita con cartón de ovos xa está feita. Agora podes pensar noutros modelos e engadirlle todo tipo de adornos para facer a máscara máis orixinal da túa clase con pompóns ou tiras de goma eva, por exemplo. Xa sabes… Mans á obra!