Xornal Escolar

As mates máis divertidas están en Carmelitas

Algoritmo baseado en números é o seu nome. E, aínda que poida parecer moi técnico, o método ABN é un éxito entre os alumnos máis pequenos, que se achegan ás matemáticas dun xeito divertido e aprenden a xogar e entender os números dende os primeiros cursos. 

En Carmelitas, dende a clase de 3 anos e durante toda a Primaria, os profesores aplican esta fórmula de ensino coa que teñen acadado grandes resultados entre o seu alumnado. Mentres eles pensan que xogan, en realidade están aprendendo. E fano nunha das materias coas que menos cariño lembramos a nosa vida académica. Pero as matemáticas xa non son un problema para os alumnos do centro educativo da cidade. 

Despois de varios anos de aplicación do método con moi boa acollida entre o alumnado e unha comprobada efectividade a medida que soben de nivel, nestas primeiras semana do novo ano académico, os pequenos están refrescando as súas memorias do aprendido no curso pasado. O verán non fixo demasiados estragos nos cativos, que son uns expertos descompoñendo números, contando ingredientes na súa divertida pizzería e tamén sumando billetes. 

As matemáticas agora xa non teñen problemas para os alumnos de Carmelitas. Agora son unha diversión na que os números deixaron de ter segredos para eles.

xornal1910_carmelitas_001
1 / 9

Descompoñendo números.

xornal1910_carmelitas_002
2 / 9

A dificultade do método vai aumentando cada curso.

xornal1910_carmelitas_003
3 / 9

Nas primeiras semanas do curso lembran o aprendido o ano pasado.

xornal1910_carmelitas_004
4 / 9

Unha das características deste método matemático é que lles axuda a descompoñer os números e aprenden a traballar con eles para diferentes operacións.

xornal1910_carmelitas_005
5 / 9

A través do xogo, aprenden a contar.

xornal1910_carmelitas_006
6 / 9

O método ABN aplícase dende primeiro de Educación Infantil, onde os pequenos se familiarizan cos números a través do xogo.

xornal1910_carmelitas_007
7 / 9

Unha das propostas máis visuais é a pizzería, na que os alumnos adoptan diferentes roles e aprenden a contar a través dos ingredientes da comida.

xornal1910_carmelitas_008
8 / 9

En Infantil contan cunha pizzería moi divertida.

xornal1910_carmelitas_009
9 / 9

O método ABN emprega recursos visuais para o cálculo.