Xornal Escolar

O mundo que non vemos en Mariñamansa

Para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o colexio de Mariñamansa organizou unha divertida actividade que foi un éxito entre o alumnado. Co obxectivo de fomentar as vocacións científicas entre as nenas, desta volta centráronse en coñecer o mundo dos microorganismos, hixiene, alimentos... Para iso, usaron placas petri para cultivar nelas microorganismos das nosas mans, pés, boca, axilas, mans lavadas, lacrimal... E coa axuda da relatora, coas colonias de microbios xa grandes, identificamos se alí medraran fungos ou bacterias.

No propio día da actividade fixeron un kahoot por equipos sobre o tema, cata de olores, iogur que comeron hoxe, aproveitando que estamos na semana dos Lácteos. O alumnado de infantil ademais fixo pan. Todo isto coordinado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, coa investigadora en Bioloxía Alicia Pérez, doutorada en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria.  

A temática da charla foi “O mundo que non vemos” e tivo como obxectivo iniciar ao alumnado no mundo da microbioloxía a través do emprego de técnicas básicas no laboratorio, como é a observación co microscopio, o crecemento de microorganismos en placas de cultivo e a realización de fermentacións. Todo para comprender ata que punto a ciencia está presente en tódolos eidos das nosas vidas.

xornalescolar_0103_marinamansa_09
1 / 9

A actividade estivo guiada pola investigadora Alicia Pérez

xornalescolar_0103_marinamansa_08
2 / 9

A proposta científica deste ano centrouse no mundo da microbioloxía.

xornalescolar_0103_marinamansa_07
3 / 9

A actividade científica foi un éxito.

xornalescolar_0103_marinamansa_06
4 / 9

Con fariña e auga aprenderon que é a fermentación.

xornalescolar_0103_marinamansa_05
5 / 9

A actividade científica foi un éxito.

xornalescolar_0103_marinamansa_04
6 / 9

Atendendo ás explicacións antes de comezar.

xornalescolar_0103_marinamansa_03
7 / 9

O obxectivo é fomentar as vocacións científicas entre o alumnado.

xornalescolar_0103_marinamansa_02
8 / 9

Os alumnos estiveron moi atentos durante toda a xornada.

xornalescolar_0103_marinamansa_01
9 / 9

Grandes e pequenos participaron na actividade.