Xornal Escolar

A natureza tamén educa no CEIP do Xurés

Cada ano, son varios os proxectos que se desenvolven dende o CEIP do Xurés de Lobios para engadir a riqueza natural e patrimonias da zona dentro da formación do seu alumnado. Neste curso son dúas as iniciativas que centran esta forma de incluír o entorno dentro das aulas. 

Salienta “Os oito miles do Xurés”,  desenvolvido dentro do clube de Ciencias do centro educativo. Así, cada mes do curso está adicado a un dos grandes picos de montaña do parque natural do Xurés. O Pisco, Fontefría ou A Nevosa son os tres altos que estudiaron no primeiro trimestre. Ademais de aprender moitas curiosidades sobre eles, as lendas e historias que os rodean, tamén aproveitan para realizar experimentos relacionados coa montaña e a natureza da zona en xeral. 

Agora, da man de Pancholiño -que é a mascota da biblioteca encargada de guialos nas súas actividades- están descubrindo neste  cuarto mes do curso, os segredos de Cruz de Touro. O obxectivo final, ademais de achegalos ó patrimonio desta reserva da biosfera, é tamén conciencialos sobre a necesidade de coidar o medioambiente.

Camiño de Santiago

O segundo dos grandes proxectos no que tamén están guiados por Pancholiño é o Camiño de Santiago. Os alumnos do CEIP do Xurés, acompañados polas súas familias, están realizando  dife

rentes etapas da Vía do Miñoto-Ribeiro. Dende a fronteira portuguesa partiron estes peregríns, que camiñan durante as fins de semanas. 

Pais, nais, tíos e avós dos alumnos de Lobios tamén se animan a realizar este percorrido, no que teñen sido acompañados por unhas moi boas temperaturas. Xunto a eles vai tamén o libro “O camiño das estrelas”. Con el, cada participante estase gravando mentres lle dá lectura a algún dos capítulos, uns vídeos que formarán parte do proxecto final no que se completará o volume literario nunha soa peza.

O obxectivo final desta iniciativa é, ademais de promover esta vía de peregrinación, poder realizar un acto conxunto de toda a comunidade educativa contra a fin do curso para chegar xuntos á praza do Obradoiro. 

xornalescolar_2601_xures_008
1 / 10

O proxecto de “Os oito miles do Xurés” está dirixido a poñer en valor o entorno.

xornalescolar_2601_xures_007
2 / 10

A mascota Pancholiño tamén participa na peregrinación.

xornalescolar_2601_xures_006
3 / 10

Experimento para aprender a fabricar unha depuradora.

xornalescolar_2601_xures_005
4 / 10

Experimento para aprender a fabricar unha depuradora.

xornalescolar_2601_xures_004
5 / 10

Presentación dos traballos para os compañeiros.

xornalescolar_2601_xures_003
6 / 10

Alumnos e familiares percorren xuntos as diferentes etapas do Camiño Miñoto-Ribeiro.

xornalescolar_2601_xures_002
7 / 10

Presentación dos traballos para os compañeiros.

xornalescolar_2601_xures_001
8 / 10

Presentación dos traballos para os compañeiros.

xures08
9 / 10

Traballos realizados sobre o Alto do Pisco.

xures11
10 / 10

A primeira etapa do Camiño foi entre Portela de Homen e Bouzadrago.