Xornal Escolar

Orixinal decoración para o Entroido na Purísima

A chegada do Entroido leva semanas sentíndose nos colexios de toda a provincia. Ó mesmo tempo que os alumnos van preparando os seus disfraces para os desfiles e festas deste venres, tamén foron preparando elementos cos que decorar as súas aulas. É o caso dos máis pequenos de La Purísima, que plasmaron as súas propias caras para compoñer unhas divertidas montaxes moi orixinais e coloridas. Nas clases tamén coloraron uns antifaces cheos de cores que pintaron os alumnos con moita ilusión polo Entroido.

xornalescolar_1502_purisima_01
1 / 3

Os alumnos fixeron unhas montaxes moi divertidas.

xornalescolar_1502_purisima_02
2 / 3

Tamén pintaron uns antifaces decorativos.

xornalescolar_1502_purisima_03
3 / 3

Pasárono en grande decorando as súas caras.