Xornal Escolar

Peregrinando pola igualdade dende Xinzo

No percorrido que os leva camiño de Compostela, un grupo de 38 alumnos do colexio Carlos Casares de Xinzo fixo parada en Ourense dentro da súa peregrinaxe pola Vía da Prata. Ademais de selar as súas credenciais na cidade, estes pequenos peregríns realizaron unha interesante visita turística pola cidade. 

“Camiñando pola igualdade” é o título do proxecto que os leva en pequenas etapas adaptadas á súa idade co obxectivo de concienciar sobre a posibilidade de que todo o mundo realice o Camiño de Santiago, independentemente do seu xénero, idade, condición física ou capacidades. Despois de percorrer os lugares máis simbólicos da comarca da Limia, os alumnos chegaron á capital ourensá polas Burgas, onde foron testemuño das súas cálidas augas. De alí, partiron cara ó local da asociación Vía da Prata, para despois percorrer a Catedral ou a Ponte Romana.

Pero foi a colección de trens Fernández-Pacheco un dos lugares que máis chamou a atención dos pequenos, guiados polas súas profesoras, Sonia Nogueiras e Rosa María Cabrera. Despois desta intensa xornada, nada mellor que achegarse ata o salón gastronómico Xantar para repoñer forzas. A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, recibiunos no stand da localidade para darlles a noraboa polo seu camiño e animalos na súa peregrinaxe. Os pequenos camiñantes pasárono de marabilla neste día tan especial.

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_17
1 / 8

Dende Xinzo, chegaron a Ourense a pé.

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_16
2 / 8

A colección de trens Fernández-Pacheco foi unha das cousas que máis lles gustou.

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_13
3 / 8

De visita por Ourense.

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_12
4 / 8

“Cantos trens!”, exclamaban os alumnos.

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_11
5 / 8

Os pequenos peregríns gozaron dunha xornada moi especial.

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_09
6 / 8

Os alumnos vestíronse como auténticos peregríns.

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_05
7 / 8

Os participantes do proxecto "Camiñando pola igualdade".

xornalescolar_0911_carloscasaresxinzo_04
8 / 8

E para repoñer forzas, os alumnos do Carlos Casares visitaron a feira Xantar.