Xornal Escolar

Reunión dos Tragalibros en Salesianos

O clube de lectura Tragalibros de Salesianos celebrou a súa reunión mensual cunha visita moi especial. O escritor Edelmiro L. Mateo achegouse ata o centro educativo para presentar a súa nova obra “O instinto de Alazán”. Os alumnos aproveitaron para facerlle preguntas sobre a novela e tamén acerca do oficio de escritor.

No mesmo encontro, os “tragalibros” déronlle a benvida ós novos membros do clube, que se unen para fomentar a paixón pola lectura e compartir impresións sobre diferentes obras. Deste xeito despediron o primeiro trimestre do curso os lectores de Salesianos, nunha actividade organizada polo departamento de Dinamización da Lingua Galega do centro en colaboración coa asociación xuvenil Amencer.

xornalescolar_1512_salesianos_005
1 / 5

O escritor, nun momento da súa actuación.

xornalescolar_1512_salesianos_004
2 / 5

Os membros de Tragalibros escoitaron ó autor con atención.

xornalescolar_1512_salesianos_003
3 / 5

Na mesma reunión, déronlle a benvida ós novos socios.

xornalescolar_1512_salesianos_002
4 / 5

Actuando ante o clube Tragalibros co seu acordeón.

xornalescolar_1512_salesianos_001
5 / 5

Foto para a lembranza do clube de lectura con Edelmiro L. Mateo.