Xornal Escolar

Pola seguridade nas estradas no Cardenal Cisneros

A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar aos cidadáns en canto ao uso do transporte público, en bicicleta e peonil e a animar ás cidades europeas a que promovan estes modos de transporte e a que invistan nas novas infraestruturas necesarias para isto. No 2021, as datas desta celebración coincidiron con esta segunda semana do curso. 

No colexio Cardenal Cisneros de Ourense teñen a mobilidade segura como un dos seus eixos vertebradores e, por iso, este ano non quixeron faltar a estas datas. Para conmemoralo, comezaron cuns carteis no que o alumnado deseñou en consonancia co tema lema deste ano “Pola túa saúde, móvete de xeito sostible”.

E claro, despois de feito o traballo, algún animáronse a posar para a posteridade xa que as súas obras íanse para exporse na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.

xornal_escolar_cisneros_01
1 / 5

Ethan, Cristóbal, Juan Pablo, Abner, Marta, Samuel, Aisha e Jonas elixiron “Camiñar é facer camino”.

xornal_escolar_cisneros_02
2 / 5

David, Manuel, Alisia, Alba, Kevin, Isabel, Martín e Bright.

xornal_escolar_cisneros_03
3 / 5

“Móvete pola túa saúde” é a frase que escolleron para decorar o collage feito coas súas obras individuais.

xornal_escolar_cisneros_04
4 / 5

Dani, José Miguel, Desmond, Héctor, Ángel, Julien, Tiago, Helena, Marco e Uxía presumen de cartaz feito de xeito colaborativo.

xornal_escolar_cisneros_05
5 / 5

Fer pedía menos coches e máis persoas nas ciudades.