Xornal Escolar

Sensibilización visual en Baños de Molgas

Para despedir o primeiro trimestre do curso, os alumnos do colexio de Baños de Molgas levaron a cabo varias sesións de sensibilización visual da man da mestra da Once Lídia, que todas as semanas se achega ao centro para traballarcun alumno afiliado da organización. 

Deste xeito todos os cativos puideron ir comprobando de primeira man os pequenos e grandes atrancos que as persoas con algún tipo de problema na vista, se atopan a diario. De igual xeito, foron coñecendo outros aspectos relacionados cos problemas ocasionados polas deficiencias visuais, como son, por exemplo, a linguaxe Braille e tamén os cans guía. Despois de todas as actividades realizadas, de seguro que, en diante, o alumnado do centro, vaia cara unha especial sensibilidade hacia as persoas con problemas visuais.

xornalescolar_1101_molgas_01
1 / 6

A mestra Lídia indicándolle a Lía como facer de guía de Antón.

xornalescolar_1101_molgas_02
2 / 6

Antón, Daniela Lía e Alena observan como escribe unha máquina en Braille.

xornalescolar_1101_molgas_03
3 / 6

Anxo fai de guía para que Lucas poida completar o circuíto

xornalescolar_1101_molgas_04
4 / 6

Antía e Daniela comprobaron algúns dos problemas visuais.

xornalescolar_1101_molgas_05
5 / 6

Gabriel e Miguel tentan completar un percorrido guiados polo bastón.

xornalescolar_1101_molgas_06
6 / 6

Martín tentando servir un vaso de auga.