Xornal Escolar

É tempo de vendima no Cardenal Cisneros

Manter as tradicións é moi importante para os centros educativos, que queren que as novas xeracións coñezan as tarefas cotiás dos seus antepasados. E cada mes ten as súas. A chegada do outono significa que chegou tamén o tempo de recoller as uvas e prepararse para facer viño. Igual que antigamente cada casa tiña  os seus propios acios, no colexio Cardenal Cisneros converteron a aula de Educación Infantil nunha particular viña e os cativos en pequenos viticultores.

Durante un día, un grupo de alumnas e alumnos de Educación Infantil recrearon unha xornada de vendima, unha proposta incluída no proxecto de posta en valor dos oficios tradicionais da provincia. 

Para levar a cabo os labores do campo, achegouse ó centro un anaquiño de esta actividade que, sendo común no rural, para a maioría dos rapaces da cidade e os chegados do estranxeiro convértese nunha novidade. 

Así, unha videira "deu froito" con acios que os nenos e as nenas vendimaron. Algúns non perderon o tempo e xa foron catando os froitos mentres outros compañeiros recreaban a tarefa da pisa da uva para a obtención do mosto. Ó final, as vendimadoras e vendimadores probaron o resultado do seu traballo compartindo unha merendiña, igual que antigamente se facía nunha tarefa na que tamén se gozaba da convivencia entre veciños e familiares. 

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_01_resultado
1 / 11

Non faltou ningunha parte do proceso.

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_02_resultado
2 / 11

Marta proba mentres Juan Pablo quere compartir as uvas.

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_03_resultado
3 / 11

Carolina non se puido resisitir a probar as uvas.

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_04_resultado
4 / 11

Os pequenos viticultores, listos para comezar.

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_05_resultado
5 / 11

Pisando as uvas por parellas, como manda a tradición.

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_06_resultado
6 / 11

Ethan e Abner felices probando o mosto.

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_07_resultado
7 / 11

Estaban encantados coas súas cestas cheas de acios.

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_08_resultado
8 / 11

A curiosidade! Que está a acontecer coas uvas?

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_09_resultado
9 / 11

Que guapos Samuel e Abner coas súas boinas!

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_10_resultado
10 / 11

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_10_resultado

xornalescolar_0610_vendima_cisneros_11_resultado
11 / 11

Cristóbal amosa o mural feito entre todos.