xornalescolar_2411_lixoteca_01
1 / 6

Para fabrica este cohete co que chegar moi alto necesitaremos: tres vasos de papel, dúas gomas elásticas, un pau de madeira ou catro pauciños pequenos, unha cartolina da cor que prefiras, tesoiras, un rotulador e unha pistola de silicona (ou un pegamento que pegue ben).

xornalescolar_2411_lixoteca_02
2 / 6

O primeiro paso consistirá en cortar o borde dun dos vasos e introducilo dentro doutro ó que non lle faremos nada. Isto ímolo facer para darlle corpo ó noso cohete e que non rompa cando fagamos a estructura completa. Non hai que pegalos entre si, tan só introducir o que non ten bordes dentro do outro e deixalos por agora.

xornalescolar_2411_lixoteca_03
3 / 6

Collemos o pau e cortámolo en catro anaquiños. Con axuda deles, terás que facer catro buratos na parte ancha dos vasos. Márcao coma se foran os catro puntos cardinais e fura con forza para traspasar os dous vasos. Se ves que non das, non dubides en pedirlle axuda a un maior para non chegar a mancarte.

xornalescolar_2411_lixoteca_04
4 / 6

Cando teñas os buratos feitos, o seguinte paso será traspasar dúas gomas de lado a lado facendo unha cruz, como ves na imaxe. Agora utilizaremos os catro pauciños que cortamos antes para que funcionen como tope das gomas e non se desfaga o cohete cando o impulsemos.

xornalescolar_2411_lixoteca_05
5 / 6

Chegamos á nosa parte favorita: decorar. Para darlle un aspecto máis de cohete, decidimos facerlle un sombreiro. É moi sinxelo, tan só terás que cortar un círculo na cartolina e cortarlle un triángulo, coma se fora unha ración de pizza. Xunta os dous lados da esquina que queda e pégaos. Non esquezas facerlle unha cariña ós vasos!

xornalescolar_2411_lixoteca_06
6 / 6

Temos todo listo para o despegue! Lembras que tiñamos tres vasos? Pois o que nos quedou libre será a plataforma de lanzamento. Colócao boca abaixo colle agora o cohete, pono sobre o vaso que temos de base, impúlsao e… solta! Agora toca divertirse vendo como de alto o consegues lanzar. Xa sabes… Mans á obra!