Xornal Escolar

Unidos contra a violencia

Coincindo coa data na que Mahatma Gandhi perdeu a vida, tódolos colexios celebran cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, unha data promovida polo profesor español Llorenç Vidal e recoñecida pola Organización de Nacións Unidas en 1993. Aínda que este ano coindiciu a xornada en domingo, ningún colexio quixo deixar pasar a ocasión de que inculcar uns valores pacifistas entre o alumnado, moi concienciado cos principios da paz e a non violencia.

Un deles foi o centro Mestre Vide de Ourense, onde estiveron días traballando xunto coas familias para compoñer entre todos uns libros con debuxos, poemas e traballos creativos coa forma de entender a paz de cada un dos alumnos e pais. Pombas brancas, mans de cores, arcos da vella, símbolos da paz… Da man da súa imaxinación e centrados nos principios da non violencia, toda a comunidade educativa do Mestre Vide colaborou para difundir os seus mellores desexos para o mundo.

Non faltou tampouco a diversión cunha animada xincana na que os cativos saltaron, correron e superaron os obstáculos para simbolizar as trabas do mundo para acadar a paz. Foi un dos xeitos nos que os escolares da provincia celebraron este día -unha das citas imprescindibles das axendas académicas-, que recollemos con algunhas imaxes no Xornal Escolar.

xornalescolar_0202_mestre_vide_02
1 / 55

Mestre Vide. Nos libros da paz participou toda a comunidade educativa.

xornalescolar_0202_mestre_vide_10
2 / 55

Mestre Vide. No polideportivo do Mestre Vide instalouse unha xincana deportiva como símbolo para que os alumnos superasen os obstáculos que existen no mundo para acadar a paz.

xornalescolar_0202_mestre_vide_01
3 / 55

Mestre Vide. As cámaras de Telemiño recolleron as impresións dalgúns dos alumnos sobre os traballos que realizaron para os libros da paz que elaboraron coas familias, profesores e traballadores do centro.

xornalescolar_0202_mestre_vide_03
4 / 55

Mestre Vide. A xincana deportiva foi un éxito entre os alumnos.

xornalescolar_0202_mestre_vide_08
5 / 55

Mestre Vide. A xincana deportiva foi un éxito entre os alumnos.

xornalescolar_0202_mestre_vide_07
6 / 55

Mestre Vide. Os diferentes cursos foron superando os obstáculos da xincana.

xornalescolar_0202_mestre_vide_06
7 / 55

Mestre Vide. O Mestre Vide celebrou a xornada con creatividade e deporte.

xornalescolar_0202_mestre_vide_05
8 / 55

Mestre Vide. Ante o colorido Guernica que pintaron o ano pasado.

xornalescolar_0202_mestre_vide_04
9 / 55

Mestre Vide. O colexio Mestre Vide sempre combina os actos do Día da Paz coa creatividade dos alumnos realizando libros ou murais, como o do Guernica que preside o patio e que centrou os actos do pasado curso.

xornalescolar_0202_paz_xinzo_04
10 / 55

Carlos Casares (Xinzo de Limia). E conseguiron imaxes para a lembranza.

xornalescolar_0202_paz_xinzo_03
11 / 55

Carlos Casares (Xinzo de Limia). En Xinzo os alumnos de Infantil soñaron a través do arco da vella.

xornalescolar_0202_paz_xinzo_02
12 / 55

Carlos Casares (Xinzo de Limia). Os desexos dos alumnos foron de paz.

xornalescolar_0202_paz_xinzo_01
13 / 55

Carlos Casares (Xinzo de Limia). Con esta actividade amosaron os seus mellores desexos.

xornalescolar_0202_paz_verin_04
14 / 55

María Inmaculada (Verín). Os alumnos de cuarto de ESO fixeron o mural do Día da Paz.

xornalescolar_0202_paz_verin_03
15 / 55

María Inmaculada (Verín). O covid impediu unha gran celebración conxunta.

xornalescolar_0202_paz_verin_02
16 / 55

María Inmaculada (Verín). O resultado decorou a fachada do centro.

xornalescolar_0202_paz_verin_01
17 / 55

María Inmaculada (Verín). Traballaron duro para poñer o seu gran de area.

xornalescolar_0202_paz_salesianos_06
18 / 55

Salesianos. En Salesianos soltaron pombas para pedir a fin das guerras.

xornalescolar_0202_paz_salesianos_05
19 / 55

Salesianos. Todos xuntos no patio do colexio para celebrar a paz.

xornalescolar_0202_paz_salesianos_04
20 / 55

Salesianos. Grandes e pequenos unidos pola paz.

xornalescolar_0202_paz_salesianos_03
21 / 55

Salesianos. Unhas pombiñas moi orixinais.

xornalescolar_0202_paz_salesianos_02
22 / 55

Salesianos. Cada alumno preparou o seu deseño.

xornalescolar_0202_paz_salesianos_01
23 / 55

Salesianos. Tódolos cursos participaron na xornada.

xornalescolar_0202_paz_covadonga_08
24 / 55

Virxe de Covadonga. As manualidades formaron parte do día.

xornalescolar_0202_paz_covadonga_07
25 / 55

Virxe de Covadonga. Xuntos no patio bailando pola paz e a fin da violencia.

xornalescolar_0202_paz_covadonga_06
26 / 55

Virxe de Covadonga. Tamén fixeron traballos decorativos coas súas mans.

xornalescolar_0202_paz_covadonga_05
27 / 55

Virxe de Covadonga. Os maiores do cole tamén se animaron a participar.

xornalescolar_0202_paz_covadonga_04
28 / 55

Virxe de Covadonga. O Virxe de Covadonga encheuse de pombiñas e corazóns.

xornalescolar_0202_paz_covadonga_02
29 / 55

Virxe de Covadonga. O lema dos traballos era “Contáxiate de paz”.

xornalescolar_0202_paz_covadonga_01
30 / 55

Virxe de Covadonga. Nas bandeiras debuxaron máscaras contra o covid.

xornalescolar_0202_paz_concepcion_arenal_06
31 / 55

Concepción Arenal. En terceiro de Primaria sementando paz.

xornalescolar_0202_paz_concepcion_arenal_05
32 / 55

Concepción Arenal. En Infantil debuxaron pombas da paz.

xornalescolar_0202_paz_concepcion_arenal_04
33 / 55

Concepción Arenal. Todos saíron ó patio cun banderín e os seus mellores desexos.

xornalescolar_0202_paz_concepcion_arenal_02
34 / 55

Concepción Arenal. Nos banderíns escribiron os seus soños para o mundo.

xornalescolar_0202_paz_concepcion_arenal_01
35 / 55

Concepción Arenal. Tamén prepararon máscaras para a ocasión.

xornalescolar_0202_paz_cisneros_06
36 / 55

Cardenal Cisneros. Como pombas da paz arredor das bandeiras do mundo.

xornalescolar_0202_paz_cisneros_05
37 / 55

Cardenal Cisneros. Un grupo de alumnos de Primaria cantando pola paz.

xornalescolar_0202_paz_cisneros_04
38 / 55

Cardenal Cisneros. Pablo, Ethan, Robert, Marta, Samuel e Jonas recitaron un poema.

xornalescolar_0202_paz_cisneros_03
39 / 55

Cardenal Cisneros. Alumnos de Primaria marcan un camiño de paz para os seuscompañeiros da ESO.

xornalescolar_0202_paz_cisneros_02
40 / 55

Cardenal Cisneros. A paz comeza cos sorrisos de Maira, Manuel, Bright, Felipe, Isa e Andrea.

xornalescolar_0202_paz_cisneros_01
41 / 55

Cardenal Cisneros. “Non hai fronteiras” que poidan frear a paz.

xornalescolar_0202_paz_carballino_05
42 / 55

Sagrado Corazón (O Carballiño). No Carballiño uniron forzas por un mundo mellor.

xornalescolar_0202_paz_carballino_04
43 / 55

Sagrado Corazón (O Carballiño). Os máis novos tamén puxeron a súa semente.

xornalescolar_0202_paz_carballino_03
44 / 55

Sagrado Corazón (O Carballiño). Preparando a terra para sementar paz.

xornalescolar_0202_paz_carballino_02
45 / 55

Sagrado Corazón (O Carballiño). Tódolos alumnos participaron nesta actividade.

xornalescolar_0202_paz_carballino_01
46 / 55

Sagrado Corazón (O Carballiño). Nunhas macetas, cada un puxo a súa semente para acadar a paz.

xornalescolar_0202_paz_barco_10
47 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). Tamén houbo unha solta de globos cos desexos colectivos.

xornalescolar_0202_paz_barco_09
48 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). Paz e igualdade foi o lema deste ano no Barco.

xornalescolar_0202_paz_barco_08
49 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). No Día da Paz fixeron un alegato a prol do dereito á educación das mulleres no mundo.

xornalescolar_0202_paz_barco_07
50 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). Con este acto, tomaron conciencia das desigualdades no acceso á educación.

xornalescolar_0202_paz_barco_06
51 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). A elección dos grous foi pola historia de Sadako, unha nena xaponesa enferma á que os seus compañeiros lle fixeron mil grúas de papel para que sanase.

xornalescolar_0202_paz_barco_04
52 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). Antes de saír ó patio, o alumnado investigou as diferencias que existen.

xornalescolar_0202_paz_barco_03
53 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). Mil grúas pola igualdade.

xornalescolar_0202_paz_barco_01
54 / 55

Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). O acto central consistiu no colgado de grúas cos desexos individuais de paz.

xornalescolar_0202_mestre_vide_12
55 / 55

Mestre Vide. Cada ciclo fixo un libro cos traballos dos alumnos.