Xornal Escolar

Volta ás aulas coas enerxías renovadas

Os alumnos ourensáns voltaron ás aulas coas enerxías renovadas e lembrando todo o aprendido ó longo do primeiro trimestre do curso. Os alumnos de toda a provincia voltarón ó colexio despois das vacacións de Nadal para continuar un ano académico no que están a realizar numerosas actividades lúdicas, didácticas e educativas.

xornalescolar_1101_redes_01
1 / 7

Manuel Sueiro. Varios membros da AFA Limiar visitaron o centro para realizar diferentes actividades relacionadas coas ciencias da natureza nas que o sol e as estrelas xogaron un papel central.

xornalescolar_1101_redes_02
2 / 7

Condesa de Fenosa. Todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria convertéronse en “científicos e científicas” por un día coa colaboración das súas familias.

xornalescolar_1101_redes_03
3 / 7

La Purísima. Os alumnos recibiron a visita dun hixienista dental que lles falou sobre a importancia de coidar ben a boca e xa puideron poñer en práctica os seus consellos.

xornalescolar_1101_redes_04
4 / 7

Biblioteca Nós. Durante a programación especial de Nadal, a biblioteca acolleu a actividade “As cavernícolas e as pinturas rupestres”, impartido por Xeitura para achegar a arte dos nosos antepasados máis antigos ós cativos ourensáns.

xornalescolar_1101_redes_05
5 / 7

Franciscanas. Para finalizar o ano, os cativos visitaron a exposición de Beléns do mundo no Bispado de Ourense e percorreron puntos da cidad eocmo As Burgas ou a Praza Maior.

xornalescolar_1101_redes_06
6 / 7

Padre Feijóo Zorelle. O centro educativo da cidade fíxo entrega os últimos días do primeiro trimestre dos galardóns, facilitados por Aspanas, ós alumnos gañadores do concurso de postais escolares, que demostraron gran creatividade.

xornalescolar_1101_redes_07
7 / 7

Celanova. Días antes de finalizar o primeiro trimestre, os alumnos de quinto de Primaria do colexio Sagrado Corazón recibiron unha charla dentro do programa “Saúde na escola” da man da Mancomunidade Terra de Celanova.