Xornal Escolar

De Xinzo a Compostela: unha meta moi merecida

A viaxe comezaba o 28 de outubro. Ese día, dende Xinzo de Limia, os pequenos peregrinos do colexio Carlos Casares vestían a súa capa e o seu sombreiro para dar o primeiro paso dun Camiño de Santiago moi especial. “Camiñando en igualdade” foi o lema que non abandonaron en ningunha das seis etapas que realizaron nestes meses e que tiveron nesta pasada fin de semana o seu premio final. 

Guiados polos seus profesores Sonia, Rosa, Manoli, Sandra, Chus, Rochi e Roberto e acompañados neste último tramo pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, a Praza de Mazarelos viu achegarse a un grupo moi especial formado polos alumnos de sexto de Educación Infantil e quinto de Educación Primaria do colexio limián, que percorrían os últimos pasos da súa peregrinación moi emocionados e contentos

Agora, coa compostela que acredita a súa viaxe xa na casa, os pequenos encaran a recta final do curso lembrando todo o que aprenderon durante a peregrinación, durante a que visitaron lugares como Ourense, Oseira ou Silleda, descubrindo a historia de cada un.

Dende o centro educativo agradecen tamén a participación das familias por compartir con eles a ilusión dun proxecto que tiña por obxectivo reclamar a igualdade de oportunidades e inculcar valores vitais nos máis novos.

xornalescolar_1506_carlos_casares_01
1 / 19

O Camiño de Santiago dos pequenos de Xinzo comezou na súa localidade o 28 de outubro e partiu coa misión de pedir a igualdade de oportunidades.

xornalescolar_1506_carlos_casares_02
2 / 19

Despois de visitar Ourense, Cea ou Silleda, a penúltima etapa do Camiño levounos ata o Monte do Gozo hai unha semanas.

xornalescolar_1506_carlos_casares_03
3 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_06
4 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_07
5 / 19

A entrada á zona vella de Santiago fixérona pola Porta de Mazarelos.

xornalescolar_1506_carlos_casares_11
6 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_12
7 / 19

Percorrendo os últimos metros polas rúas de Compostela.

xornalescolar_1506_carlos_casares_13
8 / 19

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, acompañounos nesta última etapa.

xornalescolar_1506_carlos_casares_14
9 / 19

Moi contentos na Praza do Obradoiro.

xornalescolar_1506_carlos_casares_18
10 / 19

Imaxe para a lembranza dentro da Catedral.

xornalescolar_1506_carlos_casares_27
11 / 19

Na súa chegada á cidade de Santiago, os pequenos, moi emocionados, gozaron con algúns espectáculos de rúa.

xornalescolar_1506_carlos_casares_29
12 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_31
13 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_30
14 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_36
15 / 19

Non faltou a tradicional chegada dos peregríns a Fisterra.

xornalescolar_1506_carlos_casares_35
16 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_37
17 / 19

Tras visitar Santiago, continuaron o camiño cara Fisterra.

xornalescolar_1506_carlos_casares_39
18 / 19
xornalescolar_1506_carlos_casares_43
19 / 19