Xornal Escolar

Unha xornada chea de sabor en Mariñamansa

Con motivo da celebración do Día da Alimentación, no CEIP Mariñamansa viviron unha xornada moi divertida, chea de cor e sabor, onde as froitas tropicais foron as protagonistas.

Os alumnos aprenderon os seus nomes, os seus lugares de procedencia, os beneficios que reportan dentro dunha alimentación saudable e remataron a actividade cunha degustación dalgunhas destas pezas. Cada froita probada valía por un selo na tarxeta “Frutiselos”, que daba dereito a un pequeno agasallo.

A actividade forma parte do programa Edusaúde que se desenvolverá no centro de novo este curso, despois do éxito de anteriores edicións. O obxectivo deste proxecto global é coñecer novos sabores e incentivar o consumo de froita.

xornal_escolar_1810_marinamansa_001
1 / 6

Día da Alimentación no CEIP Mariñamansa.

xornal_escolar_1810_marinamansa_002
2 / 6

Día da Alimentación no CEIP Mariñamansa.

xornal_escolar_1810_marinamansa_003
3 / 6

Día da Alimentación no CEIP Mariñamansa.

xornal_escolar_1810_marinamansa_004
4 / 6

Día da Alimentación no CEIP Mariñamansa.

xornal_escolar_1810_marinamansa_005
5 / 6

Día da Alimentación no CEIP Mariñamansa.

xornal_escolar_1810_marinamansa_006
6 / 6

Día da Alimentación no CEIP Mariñamansa.