Os Blancos mellora o núcleo de Nocedo con 50.000 euros

291221 Visita concello de Baltar 3
photo_camera José Manuel Castro e Gabriel Alén en Nocedo.
O obxectivo último desta actuación foi, tal e como precisaron dende a Xunta, mellorar o acceso e a comunicación a través da rede de estradas do municipio, “permitindo así o aumento da calidade de vida na zoa rural e contribuíndo á fixación da poboación nas zoas rurais e á diversificación da economía do lugar”.

O núcleo de Nocedo, no Concello de Os Blancos, amosa unha nova faciana logo dunha renovación do pavimento das súas rúas principais grazas a un investimento de 49.962  euros por parte da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, achegouse ata esta localidade xunto ao rexedor local, José Manuel Castro Blanco, para coñecer o resultado das obras. 

As actuacións executadas consistiron, principalmente, na rexeneración do pavimento mediante a roza e limpeza dos camiños con medios manuais. Retirouse a maleza, escombros, lixos e outros materiais existentes. A continuación, realizouse o revestimento dos camiños e das rúas con morteiro acrílico en color gris especial e acometeuse a instalación de bancos.

O obxectivo último desta actuación foi, tal e como precisaron dende a Xunta, mellorar o acceso e a comunicación a través da rede de estradas do municipio, “permitindo así o aumento da calidade de vida na zoa rural e contribuíndo á fixación da poboación nas zoas rurais e á diversificación da economía do lugar”.

Ambos representantes institucionais repasaron os recentes investimentos do Goberno galego nos Blancos como os da Consellería do Medio Rural de 29.809 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais ou os 42.750 euros da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o abastecemento dos núcleos de Pexeiros e Noveas.

Te puede interesar