fútbol

O campo de fútbol de Xinzo estreará gradas en setembro

O proxecto estará dividido en dúas fases, nunha primeira, cun presuposto de 160.000 euros e financiado pola Deputación

O campo de fútbol de herba artificial José Antonio Carrera de Xinzo estreará gradas en setembro. Así o anunciou o alcalde, Antonio Pérez, quen dixo que as obras, comezaron este mes. 

O proxecto estará dividido en dúas fases, nunha primeira, cun presuposto de 160.000 euros e financiado pola Deputación, instalarase a estructura para as gradas e a cuberta das mesmas. Na segunda fase, para a que se pedirá axuda á Xunta, abordarase a construcción dun  novo bar e de vestiarios. 

Te puede interesar