Feira

A feira local volve hoxe a Trasmiras co 25 por cento dos postos habituais

Dende a administración local recoméndase a utilización de luvas e máscara,

Do mesmo xeito que en Xinzo ou Verín, que recuperaron esta semana as súas feiras locais, o municipio de Trasmiras volverá a celebrar o seu tradicional mercado, eso si, reservado únicamente á venda de produtos agrícolas e gandeiros do sector da alimentación e perecedoiros. 

O Concello puntualizou a través dun bando municipal, que tan só se permitirá o 25 por cento dos postos habituais e a distancia entre eles non poderá ser inferior, en ningún dos casos, aos seis metros. Recoméndase, nesta liña, non colocar os postos uns fronte aos outros. Do mesmo xeito reducirase a afluencia de xente a un terzo do habitual. 

Dende a administración local recoméndase a utilización de luvas e máscara, así como non tocar os produtos do mercado e manter a distancia social de dous metros.

Te puede interesar